Aprobada polo Pleno da Corporación, en sesión do 29 de outubro de 1998, a contratación mediante concurso por procedemento aberto da obra de saneamento en Seixiños (Dena), incluída no Programa Operativo Local 1999, pola presente anúnciase a súa convocatoria de licitación:
Obxecto: a adxudicación da obra de saneamento en Seixiños (Dena).
Prazo de execución: catro meses desde a data de formalización do contrato.
Tipo de licitación: 10.000.000 de pesetas, IVE incluído.
Garantías:
Provisoria: 200.000 pesetas.
Definitiva: 400.000 pesetas.
Entidade adxudicataria: Concello de Meaño.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Obtención de documentación e información: Concello de Meaño (As Covas nº 20, Meaño). CP 36968, teléfono: 986 74 71 02.
Presentación de proposicións:
Lugar e prazo: presentarase no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9 a 13.30 horas no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP (BOP).
Documentación: a esixida na cláusula 9 e segundo as súas formalidades.
Apertura de proposicións: ás 13 horas do martes, xoves ou venres inmediatamente seguintes ó da data de remate de presentación de proposicións.
Modelo de proposición: D/Dona ..., maior de idade, con domicilio en ..., con DNI nº ..., en nome propio ou en representación de ..., conforme acredito, informado do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a obra ..., comprométese a executala atendendo o proxecto técnico, prego de cláusulas administrativas e ós criterios obxectivos de adxudicación nas seguintes condicións:
En ..., ... de ... de 1998.
Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.
Meaño, 4 de novembro de 1998.
Jorge Domínguez Rosal
Alcalde
10230

