Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do PEPRI III-02 predio do Conde (expediente 4088/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 2 de outubro, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización que desenvolve as determinacións do PEPRI III-02 Predio do Conde, redactado polo arquitecto Xosé A. Comesaña García, con visado colexial do 6 de maio e 7 de agosto de 1998.

Procédese ó trámite de información pública do expediente durante o período mínimo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais dos de maior circulación da provincia, así como notificación individual ós propietarios afectados, segundo o establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

10725