Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Reparacións das vías provinciais nas zonas da Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Bóveda.26.572.7006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría C

Reparacións das vías provinciais nas zonas de Castroverde, Baleira, Baralla e O Corgo.45.000.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría D

Reparación das vías provinciais nas zonas da Pastoriza, Riotorto, Trabada e Ribadeo.40.000.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría D

Reparacións das vías provinciais nas zonas de Meira, Ribeira de Piquín e A Pontenova.35.000.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría D

Reparacións das vías provinciais nas zonas de Bóveda, Monforte de Lemos, Sober, Pantón e O Saviñao.40.000.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría D

Reparación das vías provinciais na zona de Becerreá, Cervantes, As Nogais, e Triacastela.35.000.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría D

Reparación das vías provinciais nas zonas de Sarria, Láncara, O Corgo, O Incio, e Samos.41.412.0006 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría D

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución da obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase específico para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 10 de novembro de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo