Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-319).

Por resolución desta Alcaldía nº 5436/1998, con data do 29 de outubro de 1998, acordouse aprobar inicialmente a delimitación e determinación do sistema de compensación, como o de actuación, no ámbito do SUNP B-29-R, no Seixal-Nós.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días que computará desde a derradeira publicación (Diario Oficial de Galicia ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 9 de novembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

10325