Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-330).

Por resolución desta Alcaldía nº 5435/1998, con data do 29 de outubro de 1998, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade de conservación en parte do SUNP A-26 As Vacarizas, en Montrove-Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días que computará desde a última publicación (Diario Oficial de Galicia ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 9 de novembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

10305