Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxeto: proxecto de execución Escola Universitaria de Enfermería-Campus Esteiro concello Ferrol (1ª fase)+estudio de seguridade e saúde+proxecto de execución Escola Universitaria de Enfermería-Campus Esteiro concello Ferrol (2ª fase).

Orzamento.

Tipo de licitación:

Financiamento: 355.041.584.

Distribución por fases:

1ª fase2ª faseTotal

A) Escola Univesitaria de Enfermería (campus de Esteiro Ferrol)274.135.98572.229.527346.365.512
B) Estudio de seguridade e hixiene8.676.0728.676.072
Total282.812.05772.229.527355.041.584

Distribución por anualidades:

1ª fase2ª faseTotal

1998105.415.591105.415.591
1999112.173.912112.173.912
200065.222.55472.229.527137.452.081
Total282.812.05772.229.527355.041.584

A deputación adxudicará en firme a execución da obra incluída na 1ª fase.

Polo que respecta á execución das obras incluídas na 2ª fase, a adxudicación queda condicionada á concesión da licencia da obra por parte do Concello de Ferrol, antes do remate das obras incluídas na 1ª fase.

No suposto de que a deputación non obteña a licencia da obra para a 2ª fase ou non se executen as obras da 1ª fase, a deputación non lle adxudicará a obra da 2ª fase á empresa adxudicataria das obras da 1ª fase; en consecuencia, non terá dereito á adxudicación da 2ª fase do contrato nin á indemnización de danos e perdas por esta causa.

Os licitadores deberán face-las súas ofertas pola totalidade da obra (que inclúe a 1ª e 2ª fase) e o porcentaxe da baixa da licitación afectará a ámbalas dúas fases.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 14.201.663.

Prazo de execución: total 17 meses:

1ª fase (14 meses).

2ª fase (3 meses).

Modelo oferta económica:

O sobre A) conterá a aceptación do prego axustada ó seguinte modelo:

D/Dª .... con enderezo en .... rúa .... nº .... teléfono .... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº .... actuando en nome propio (ou representación do .... DNI ou CIF nº .... e con enderezo na .... nº .... teléfono ....) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto da Escola de Enfermería (campus universitario. Concello Ferrol) (que comprende a totalidade dos proxectos 1ª fase+estudio de seguridade+2ª fase) para o que fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ...., (que comprende a totalidade dos proxectos 1ª fase+estudio de seguridade+2ª fase) que significa unha baixa de ...., en relación co tipo da licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En......, .... de .... de 19...

O licitador(asinado e rubricado)

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de novembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

10904