No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuítamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00, e fax: 988 38 51 84.
Relación de obras:
Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/orzamento:
13/1998 do Plan Interrex./Estr. Xinzo-Cualedro-A Xironda-F. de Portugal (1ª fase)/Cualedro/5 meses/128.000.000 de ptas.
Ourense, 21 de novembro de 1998.
Ramón Baltar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense
18271

