Por resolución presidencial, do día 6 de novembro de 1998, aprobouse o expediente de contratación do concurso arriba indicado, coas seguintes especificacións:
Tipo de licitación: fíxase na cantidade de 2.500.000 de pesetas anuais, IVE incluído.
Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, e a do 4% como fianza definitiva do prezo de adxudicación.
Presentación de plicas: no rexistro xeral da deputación, de 9 a 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte desde a publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación coincidise en festivo, prorrogarase ó primeiro día hábil seguinte.
Apertura de plicas: terá lugar no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións, e se este fose sábado, o primeiro día hábil seguinte.
Exposición e adquisición de pregos: a exposición dos pregos e anuncio do concurso realízase conxuntamente, e poderanse presentar reclamacións contra os pregos durante os 8 días hábiles seguintes á publicación do anuncio no BOP. En caso de reclamacións contra os pregos, suspenderase a licitación.
Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas, modelo de proposición e demais documentación, están á disposición dos interesados no Servicio de Contratación, tódolos días laborables, durante o prazo de presentación de proposicións, de 9 a 13 horas.
Os gastos de inserción de anuncios e tódolos que ocasione o expediente serán por conta do adxudicatario.
Pontevedra, 6 de novembro de 1998.
O presidente
Rubricado
O secretario
Rubricado
10641

