Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 19 de outubro deste ano, aprobou inicialmente o estudio de detalle e delimitación da unidade de actuación na confluencia da rúa Canteira de Sar co Camiño Real, segundo o proxecto promovido por Edipromfer S.L formulado polo arquitecto César Coll.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de actuación, que se propón desenvolver a través do sistema de compensación.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997 do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión do Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, para os usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses a partir da pupblicación deste anuncio.

Santigo de Compostela, 25 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10480