A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 9 de novembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de parcela na rúa San Andrés, O Carril, redactado por A.B. Arquitectura, S.L. e promovido por PESCAVELLA, S.L.
De conformidade con establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.
Vilagarcía de Arousa, 11 de novembro de 1998.
Joaquín Javier Gago López
Alcalde
11013

