Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.127

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL A CORUÑA ESPECTÁCULOS

ANUNCIO de concurso para a organización da cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro de 1999 e persoal para tódolos actos de Reis 1999.

A presidencia do IMCE, por Resolución do 24 de novembro último acordou optar polo sistema de concurso para a contratación da organización da Cabalgata de Reis Magos 1999 que se celebrará o día 5 de xaneiro de 1999 e persoal para tódolos actos de Reis 1999, aprobando para o efecto o prego de condicións que deberá rexelo, e o cal queda exposto ó público nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril. Simultaneamente, e para o caso de que

non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: é obxecto deste concurso a organización da Cabalgata de Reis Magos 1999 que se celebrará o día 5 de xaneiro de 1999 e persoal para tódolos os actos de Reis 1999.

Orzamento: o prezo máximo do contrato será de 7.300.000 pesetas,(IVE incluído).

Garantías: para optar ó concurso deberá constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas unha fianza provisional de 146.000 ptas. en calquera das formas que autoriza a Lei 13/1995.

Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona... con domicilio en...rúa de...nº... provisto de DNI nº..., actuando en nome propio (en representación de...) tendo coñecemento do anuncio para contratar polo sistema de concurso a organización da Cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro de 1999 e persoal para tódolos actos de Reis 1999, así como do prego de condicións regulador da licitación, e contido do cal acepto integramente e me comprometo a acatalo, formulo proposición e opta a súa adxudicación polo prezo de...(IVE incluído):

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo adxunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: se presentarán en dous sobres pechados no Rexistro Xeral de Entrada do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (Avda, Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece horas. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo, o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.

A Coruña, 26 de novembro de 1998.

O presidente

Rubricado

11039