Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.128

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL A CORUÑA ESPECTÁCULOS

ANUNCIO de concurso para a instalación dun belén vivente nos xardíns de Méndez Núñez durante as festas de Aninovo-Reis 1999.

A presidencia do IMCE, por Resolución do 24 de novembro último acordou optar polo sistema de

concurso para a contratación da instalación dun belén vivente nos xardíns de Mendez Núñez durante as festas de Aninovo-Reis 1999, aprobando para o efecto o prego de condicións que deberá rexelo, e o cal queda exposto ó público nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril. Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: é obxecto deste concurso a contratación da instalación dun belén vivente nos xardíns de Méndez Núñez durante as festas de Aninovo-Reis 1999.

Orzamento: o prezo máximo do contrato será de 9.500.000 pesetas,(IVE incluído).

Garantías: para optar ó concurso deberá constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas unha fianza provisional de 190.000 ptas. en calquera das formas que autoriza a Lei 13/1995.

Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

"Don/Dona... con domicilio en...rúa de...nº... provisto de DNI nº..., actuando en nome propio (ou en representación de...) tendo coñecemento do anuncio para contratar polo sistema de concurso a instalación dun belén vivinte nos xardíns de Méndez Núñez durante as festas de Aninovo-Reis 1999, así como do prego de condicións regulador da licitación, o contido do cal acepto integramente e me comprometo a aceptalo, formulo proposición e opta a súa adxudicación polo prezo de...(IVE incluído):

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resguardo adxunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no Rexistro Xeral de Entrada do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (Avda, Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece horas. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo, o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.

A Coruña, 26 de novembro de 1998.

O presidente

Rubricado