Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.132

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 347/1998, do 20 de novembro, polo que se modifica o Decreto 206/1994, do 16 de xuño, polo que se adapta a normativa vixente en materia de prestación de servicios nos talleres de reparación de vehículos e dos seus equipamentos e compoñentes.

A Xunta de Galicia, consciente da importancia social que ten o servicio de reparación de vehículos automóbiles, tanto no seu aspecto de seguridade como no económico, aprobou unha normativa propia reguladora da dita actividade na nosa comunidade autónoma, facendo uso das competencias que en materia de industria e de defensa dos consumidores e usuarios lle atribúe o artigo 30.I do Estatuto de autonomía nos seus puntos 2 e 4, respectivamente (Decreto 19/1991, do 17 de xaneiro, modificado polo Decreto 180/1992, do 18 de xuño e adaptado polo Decreto 206/1994, do 16 de xuño).

A experiencia adquirida no transcurso dos anos de vixencia da devandita normativa pon de manifesto a necesidade de adapta-las disposicións que regulan a actividade industrial dos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipos e compoñentes ás novas tecnoloxías e especialidades derivadas dos avances tecnolóxicos, no que atinxe á súa clasificación, equipamento mínimo e facultades para realizar reformas de importancia.

Así mesmo, de acordo coas observacións formuladas polas asociacións máis representativas do sector, resulta conveniente amplia-las formas polas que os interesados poden acredita-la súa preparación e idoneidade para desempeña-lo cargo de responsable técnico de taller de reparación de automóbiles nas distintas ramas de actividade e facilita-la formación dos profesionais do sector por entidades autorizadas para o efecto.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Modificación do artigo 3 do Decreto 206/1994, do 16 de xuño.

1. A alínea e) do número 2 queda suprimida.

2. Os números 3, 4 e 5 quedan redactados como segue:

«3. Polas súas particulares características ou funcións:

a) Talleres de reparación de motocicletas: son os que realizan traballos de instalación, reparación ou substitución en vehículos automóbiles, con ou sen sidecar, de dúas ou tres rodas e en ciclomotores.

b) Talleres de vehículos agrícolas e de obras: son os que realizan traballos de instalación, reparación ou substitución en tractores e vehículos agrícolas ou de obras.

4. Polo seu campo parcial de actividade:

Son os especializados en realizar traballos limitados a actividades de instalación, reparación o substitución sobre determinadas partes, equipamentos ou sistemas do vehículo.

a) Pneumáticos.

b) Radiadores.

c) Equipamentos de inxección.

d) Vidros e parabrisas.

e) Dispositivos de remolcar, ata un peso máximo de 3.500 kg.

f) Tacógrafos.

A Dirección Xeral de Industria de oficio ou por solicitude das asociacións de talleres e logo do informe da Delegación Provincial de Industria poderá autorizar outras especialidades e modifica-la denominación e alcance delas co fin de adaptalas en todo momento á experiencia e avances tecnolóxicos. Na resolución de autorización fixaranse os requisitos na nova especialidade, así como o equipamento mínimo e, de se-lo caso, o distintivo axeitado».

Artigo segundo.-Modificación do artigo 4.

O artigo 4 queda redactado como segue:

«Artigo 4.-Instalación, ampliación e traslado de talleres.

1. A instalación, ampliación e traslado de talleres de reparación de automóbiles non requirirá autorización administrativa previa, tal e como dispón a Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e o R.D. 2135/1980, do 26 de setembro, de liberalización industrial.

O procedemento administrativo para a instalación, ampliación e traslado dos devanditos talleres axustarase ó establecido no Decreto 254/1983, do 15 de decembro, sobre réxime administrativo da instalación, ampliación e traslado de industrias e tramitarase a correspondente inscrición nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio. Todo isto sen prexuízo, das licencias e autorizacións municipais preceptivas.

2. A documentación necesaria para a inscrición de novos talleres ou a ampliación ou traslado dos existentes será a seguinte:

a) Proxecto técnico da instalación, asinado polo titulado competente e visado polo correspondente colexio oficial, formado pola memoria, contendo un estudio técnico que inclúa unha relación detallada dos diversos traballos e servicios que poderá presta-lo taller, xustificado tanto pola maquinaria que se vai instalar como polo persoal técnico e especializado do que dispoña, os planos e o orzamento.

b) Certificación expedida polo técnico titulado competente da adecuación das instalacións ó proxecto técnico presentado.

c) Relación de postos de traballo, titulación técnica e titulación ou certificación de carácter profesional ou laboral deles.

d) Autorización escrita do fabricante nacional ou do representante legal do fabricante estranxeiro, no caso de tratarse dos talleres de marcas oficiais ós que se refire o artigo 3.

e) Acreditación do cumprimento dos requisitos ambientais que sexan de aplicación á actividade que se vai desenvolver.

3. Na relación de postos de traballo constará, polo menos, unha persoa vinculada ó taller, contratada a tempo completo e responsable técnico que acredite a súa preparación e idoneidade, mediante calquera das seguintes formas:

a) A posesión, como mínimo dalgunha das seguintes titulacións:

-Técnico especialista en mecánica e electricidade do automóbil (formación profesional de 2º grao).

-Técnico superior de automoción (formación profesional específica de grao superior) ou equivalente.

-Técnico en electromecánica de vehículos ou en carrocería (formación profesional específica de grao medio) ou equivalente, cando se trate de talleres da rama de actividade afín a estas titulacións.

Coa acreditación de asistencia a un ou varios cursos, recoñecidos pola Consellería de Industria e Comercio, sobre a normativa legal que afecta ó sector, cunha duración total non inferior a trinta horas.

b) A xustificación de cinco anos de experiencia nunha empresa do sector do automóbil, sendo polo menos tres deles como oficial de primeira e a presentación dun certificado de profesionalidade do sector da automoción ou a obtención dun certificado de aptitude expedido pola Consellería de Industria e Comercio, unha vez superadas as probas que para o efecto se convoquen. A estas probas poderase acceder despois de realizar un curso teórico-práctico sobre as materias técnicas da rama da actividade e normativa legal, sinalados no anexo IV, previamente autorizado pola dita consellería e cunha duración mínima de 200 horas.

c) A acreditación de dez anos de experiencia nunha empresa do sector do automóbil, dos que cinco polo menos serán como oficial de primeira, así como a asistencia a un ou varios cursos relacionados coa reparación de vehículos automóbiles na rama de actividade, cunha duración total igual ou superior a 70 horas, e un curso de normativa legal non inferior a 30 horas autorizado pola Consellería de Industria e Comercio.

4. A experiencia a que se refiren as alíneas anteriores b) e c) xustificarase das seguintes formas:

a) No caso de traballadores por conta allea, certificado de empresa que conteña os períodos tra

ballados dentro de cada categoría profesional e certificado expedido polo órgano competente da Seguridade Social no que conste o período cotizado ó réxime xeral.

b) No caso de traballadores autónomos, documento de alta no imposto de actividades económicas e xustificantes de pagamento correspondentes, certificado de obrigas tributarias no período de actividade, certificado do órgano competente da Seguridade Social no que conste o período de cotización ó réxime especial de traballadores autónomos e certificado de alta no Rexistro de Establecementos Industriais, onde desenvolvese a súa actividade.

5. Os talleres deberán te-lo equipamento expresado nos seus proxectos técnicos, cuns mínimos necesarios que, segundo as ramas de actividade e especialidade, se axustarán ó disposto no anexo I deste decreto.

6. A actividade de asistencia mecánica na estrada por medios propios ou por colaboración de terceiros só poderá realizarse como servicio dependente dun taller legalmente inscrito. En todo caso, o taller inscrito será responsable da calidade da reparación e do cumprimento da normativa vixente.

7. As ramas de actividade obrigatorias ou campo parcial de actividade nas que deberán estar inscritos, no Rexistro Especial de Talleres da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, os talleres que realicen as reformas de importancia tipificadas no R.D. 736/1988, do 8 de xullo, serán as citadas no cadro do anexo II.

8. O titular ou representante do taller estará obrigado a lle comunicar á delegación provincial correspondente, no prazo de 15 días, a alta e a baixa da persoa que ostenta a condición de responsable técnico do taller».

Artigo terceiro.-Introducción do artigo 4 bis.

Introdúcese un novo artigo, co número 4 bis, que ten a seguinte redacción:

«Artigo 4 bis.-Entidades autorizadas para a preparación e formación dos profesionais do sector.

1. A Consellería de Industria e Comercio deberá autoriza-las entidades para a impartición dos cursos de formación teórico-prácticos e regulamentación, ós que se refire o punto 3 do artigo anterior e así mesmo a impartición dos que capaciten ós profesionais para o desenvolvemento da súa actividade en especialidades, relativas a tacógrafos, limitadores de velocidade, taxímetros, e outras nas que sexa preceptiva a formación específica.

Para imparti-los cursos, as entidades públicas ou privadas interesadas, deberán cumpri-las condicións sinaladas no anexo III deste decreto e estar inscritas na Dirección Xeral de Industria, sen prexuízo doutras autorizacións que por razón doutra lexislación sexan esixibles.

Para os devanditos efectos, presentarán ante o dito centro directivo a correspondente solicitude, xunto

cunha memoria na que consten os extremos seguintes:

a) Ámbito xeográfico de actuación.

b) Tipo de curso que pretende impartir e o seu programa teórico-práctico de materias.

c) Nome e titulación do/s docente/s e xustificación de que posúe coñecementos suficientes para impartilos.

d) Medios materiais, tales como locais, material didáctico e de prácticas, etc.

e) Metodoloxía do ensino, con indicación da organización e dos sistemas de avaliación previstos.

f) Experiencia anterior na impartición de cursos para a formación profesional ou similares, con especial referencia ós relacionados co sector do automóbil.

g) Táboa de tarifas para a impartición dos cursos.

2. A Dirección Xeral de Industria, despois de solicita-los informes complementarios que considere oportunos, resolverá a solicitude de inscrición e procederá, se é o caso, a inscribi-la entidade no rexistro especial aberto para tal efecto.

3. Unha vez inscritas, as entidades solicitarán na correspondente delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, a autorización para o inicio das súas actividades. Para estes efectos, achegarán, como mínimo, a seguinte documentación:

a) Fotocopia da resolución de inscrición no rexistro especial.

b) Táboa de tarifas.

c) Programación dos cursos previstos.

A delegación provincial resolverá a solicitude de autorización no prazo dun mes. A falta de resolución expresa no dito prazo producirá efectos estimatorios da solicitude.

4. A Dirección Xeral de Industria designará o tribunal que xulgará as probas para a obtención do certificado de aptitude nunha rama de actividade ou nunha especialidade, que estará composto por dous representantes das asociacións provinciais de talleres e por dous representantes da Consellería de Industria e Comercio, un dos cales será o presidente e o outro o secretario, con voz e voto. Nos casos de empate nas votacións dirimirá o voto de calidade do presidente.

5. Os profesionais que obteñan o certificado de aptitude só poderán presta-los seus servicios nun taller da rama da actividade ou da especialidade correspondente».

Artigo cuarto.-Modificación do artigo 18.

Os números do artigo 18 que se relacionan a continuación, quedan redactados nos termos seguintes:

1. O primeiro parágrafo do número 1:

«1. Para os efectos do disposto neste decreto e sen prexuízo do establecido na Lei 21/1992, do 16

de xullo, de industria, na citada Lei 26/1984, do 19 de xullo, e no Real decreto 1945/1983, do 22 de xullo, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria, considéranse infraccións específicas nesta materia as seguintes:

2. A alínea c) do número 1:

«c) A realización de traballos que non correspondan á rama, función ou campo parcial de actividade na que o taller estea inscrito no Rexistro de Establecementos Industriais».

3. A alínea p) do número 1:

«p) E, en xeral, o non cumprimento de calquera dos preceptos contidos neste decreto e nas normas que o desenvolvan, que será sancionado na forma que sexa procedente polos órganos competentes nas materias de defensa do consumidor e usuario, de industria e de ambiente de acordo coas súas respectivas competencias».

4. O número 2:

«2. As infraccións ás que se refire este artigo cualificaranse como leves, graves e moi graves de conformidade cos criterios establecidos no artículo 31 de la Lei 21/1992, do 16 de xullo, no artigo 35 da Lei 26/1984, do 19 de xullo, e no Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño».

Artigo quinto.-Modificación do artigo 19.

O artigo 19 queda redactado nos termos seguintes:

«As infraccións ás que se refire este decreto serán sancionadas segundo o previsto na Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, tal e como determina a disposición derradeira primeira da Lei 12/1984, do 28 de decembro, pola que se aproba o Estatuto galego do consumidor e usuario, asi como no artigo 34 da Lei de industria».

Artigo sexto.-Modificación da disposición adicional terceira.

A disposición adicional terceira queda redactada como segue:

«Os titulares dos talleres de reparación de vehículos existentes, así como os que se inscribiron con anterioridade ó 31 de decembro de 1992, ós que se lles recoñecese a súa cualificación profesional a teor do que establecía a disposición transitoria do Decreto 19/1991, do 17 de xaneiro, na redacción dada a esta polo Decreto 180/1992, do 18 de xuño, poderán instalar novos talleres de reparación de vehículos, na/s mesma/s rama/s de actividade e ampliar ou traslada-los existentes, sen prexuízo de que nos casos de ampliación da actividade deban cumpri-los requisitos esixidos para a nova rama de actividade que pretendan desenvolver».

Disposición transitoria

Os titulares de talleres de reparación de vehículos existentes na data da entrada en vigor deste decreto

dispoñen dos prazos que se indican de seguido, contados a partir da dita data, co obxecto de se adaptaren ó disposto nel:

a) Un ano para modifica-la súa inscrición no rexistro de establecementos industriais de acordo coa nova clasificación de talleres e regulariza-la situación do seu responsable técnico.

b) Tres anos co fin de actualiza-lo equipamento mínimo do taller.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Maquinaria

Por ramas: equipamento mínimo necesario segundo ramas de actividade, especiais características ou funcións e campo parcial de actividade, para a inscrición dos talleres de reparación de vehículos automóbiles no Rexistro Industrial.

-Mecánica:

Compresor de aire.

Esmeril.

Utensilios e ferramentas de equipamento, motor de caixa de cambios, de dirección, de eixes, rodas e freos.

Dispositivos para a medida da compresión.

Prensa hidráulica.

Pluma ou aparello de elevación de ata 1.000 kg.

Contarrevolucións de ata 6.000 r.p.m.

Trade portátil de ata 10 mm de diámetro.

Elevador axeitado.

Gato hidráulico sobre carro.

Bancos de traballo e carros de transporte.

Xogos de utensilios, ferramentas manuais e material complementario.

Extractores de rodamentos, chaves dinamométricas.

Máquina ecolóxica de lavar pezas.

Equipo analizador de gases de escape.

Equilibradora de rodas.

Aliñadora de dirección.

-Electricidade:

Compresor de aire.

Polímetro.

Esmeril.

Controlador de acendido.

Controlador de inducidos.

Cargador de baterías.

Soldador eléctrico.

Pesaácidos.

Aparello para comprobador de proxectores.

Banco de traballo e carros de transporte.

Xogos de utensilios, ferramentas manuais e material complementario.

Equipamento analizador de gases de escape.

Gato hidráulico sobre carro.

-Carrocería:

Compresor de aire.

Equipamento completo para reparacións de chapa, entendéndose como tal o equipamento especialmente concibido e construído para reparacións de chapa (estribador, banco con útiles auxiliares).

Equipamento para soldadura eléctrica.

Equipamento para soldadura autóxena, oxiacetilénica.

Equipamento para soldadura de puntos.

Esmeril.

Pistola para aplicación de pasta dura.

Xogo de utensilios, ferramentas manuais, material complementario.

Equipamento de soldadura de fío continuo.

Gato hidráulico sobre carro.

-Pintura.

Equipamento de pintura a pistola.

Cabina ecolóxica de pintura.

Lixadora.

Pistola para aplicación de pastas duras.

Xogo de utensilios de pintura, espátulas e material complementario.

-Polas súas particulares características ou funcións:

-Motocicletas:

Un compresor.

Un banco de traballo con torno.

Un comprobador de baterías e densímetro.

Un trade manual ou eléctrico de 0,12.

Unha chave dinamométrica de 5 quilogramos.

Un xogo de brocas.

Cabaletes para fixar e levantar máquinas.

Unha tesoira de chapa.

Un xogo de chaves fixas.

Un xogo de chaves de cóbados.

Un xogo de chaves de vaso articulados.

Un mármore comprobador de superficies.

Un martelo de bola.

Un xogo de alicates de apertar.

Un xogo de cortafríos.

Un carro de serra de cortar metais.

Un xogo de desparafusadores: impacto, planos e de estrela.

Unha regra comprobadora de planos.

-Vehículos agrícolas e de obras.

-Mecánica:

Utensilios e ferramentas de equipamento de motor, de caixa de cambios, de dirección, de eixes, rodas e freos.

Dispositivos para a medida da comprensión.

Prensa hidráulica de ata 20 tm.

Gato hidráulico sobre carro.

Bancos de traballo e carros de transporte.

Ferramentas e material complementario.

Extractores de rodamentos e chaves dinamométricas.

Trade de columna de ata 20 mm.

Soldadura eléctrica.

Contarrevolucións ata 5.000 rpm.

Manómetro (medidor de presión).

Comprobador múltiple de acendidos e outros.

Máquina ecolóxica de lavar pezas.

Esmeril.

Compresor de aire.

-Carrocería:

Compresor de aire.

Esmeril.

Gato hidráulico sobre carro.

Bancos de traballo e carros de transporte.

Ferramentas e útiles complementarios.

Trade de columna ata 20 mm.

Soldadura eléctrica.

Soldadura autóxena e de corte.

Equipamento de soldadura de fío continuo.

Ferramentas e útiles necesarios para a rama de carrocería.

-Electricidade:

Gato hidráulico sobre carro.

Esmeril.

Ferramentas de man e útiles complementarios.

Cargador de baterías.

Pesaácidos, polímetro, regloscopio (aparello de comprobación proxectores).

Soldador eléctrico.

-Pintura:

Cabina de pintura.

Compresor de aire.

Equipo de pintura e pistola.

Lixadora.

Ferramentas e útiles de man necesarias.

Esmeril.

Polo campo parcial de actividade:

-Pneumáticos.

Compresor de aire.

Gato hidráulico.

Máquina para a reparación de cámaras.

Desmontadora automática de cubertas.

Máquina de equilibrado de rodas.

Inflador de pneumáticos.

Martelos, cabaletes, ferramentas de man e útiles complementarios.

-Radiadores:

Recipiente para comproba-las perdas dos radiadores.

Banco de parafuso.

Esmeril.

Xogo de sopretes de oxi-acetileno.

Trade.

Sistema aerosol para realiza-lo pintado dos radiadores.

Comprensor de aire.

Xogo de sopretes para soldadura de estaño.

-Equipos de inxección:

Banco de probas segundo normas ISO.

Equipos de eliminación de gases.

Instalación de aire a presión.

Depósito de proba de estanqueidade de bombas.

Lavadoiro de pezas fóra do recinto.

Chave dinamométrica.

Comprobador de inxectores.

Utensilios de ensaio e reparación específicos para bombas e reguladores.

-Dispositivos de remolcar, ata un peso máximo de 3.500 kg.

Trade portátil, con portabrocas ata 16 mm.

Banco de traballo con torno.

Elevador axeitado.

Gato hidráulico sobre carro.

Chave dinamométrica.

Xogo de chaves tipo Allen.

Xogo de chaves fixas planas.

Xogo de chaves de estrela planas.

Xogo de chaves de cóbado.

Xogo de chaves de vaso articuladas.

Xogo de alicates (universal, puntas e illados).

Xogo de desparafusadores (planos, estrela e illados).

Calibre pé de rei.

Arco de serra de metais.

Xogo de limas: bastas, semifinas e finas.

Tenaces para terminais prefiados.

Tenazas pelacables.

Comprobador tester para c.c., tensión e intensidade (0-10A) con puntas de proba de continuidade.

-Tacógrafos:

Tenaces e punzón coa súa marca de precintado, expedidos pola Dirección Xeral de Industria.

Espacio de medición plano e horizontal de 40 metros de lonxitude que se poderá reducir a 20 se se utiliza un aparello de medida electrónico. Esta pista pode ser reemprazada por un banco de rodos.

Banco tarable de control para as medicións de velocidade e percorrido do tacógrafo, antes da montaxe.

Poste de inflado de pneumáticos.

Ferramentas e aparellos de precisión segundo as características de homologación de tacógrafos.

Unha cinta métrica de 20 metros como mínimo e conta voltas, banco ou instrumento de control portátiles para determina-lo número de revolucións ou impulsos e consecuentemente a característica W do vehículo, excepto cando se dispoña dun banco de rodos.

Corredores e cables flexibles de transmisión.

Discos-diagramas de control.

Analizador con lupa, para control dos discogramas.

Aparello de control de reloxería.

Moldes de control para axuste das gravacións dos discogramas útiles de reparación segundo as características dos tacógrafos homologados.

-Vidros e parabrisas:

Cortadora eléctrica, ou cortadora pneumática.

Corda de piano.

Xogo de coitelas.

Formón ou trenchas.

Ventosas.

Pistola pneumática (para aplica-lo adhesivo).

Pistola manual.

Pistola especial para aplicar adhesivo rápido.

Cordón.

Espátulas, desparafusador, martelos, chaves fixas etc.

Diamante (para cortar cristal plano).

Amoladora (para pulir cristal plano).

Caladora ou serra eléctrica.

Aspirador.

ANEXO II

Rama ou especialidade obrigatoria de inscrición no rexistro de talleres para os efectos de certificación das reformas de importanica, tipificadas no R.D. 736/1988, que realicen.

ReformaRama/s

1. Substitución do motor por outro de distinta marca ou tipo.Mecánica
2. Modificación do motor que produza unha variación das súas características mecánicas ou termodinámicas, que dean lugar á consideración do vehículo como dun novo tipo.Mecánica
3. Cambio de localización do motor.Mecánica e carrocería
4. Modificación do sistema de alimentación de carburante que permita substituí-lo que normalmente se emprega no vehículo por outro de diferentes características, ou utilizar un ou outro indistintamente.Mecánica
5. Cambio do sistema de frenado.Mecánica
6. Incorporación dun ralentizador ou dun freo.Mecánica
7. Substitución de caixa de velocidades de mando manual por outra automática ou semiautomática ou viceversa, ou por outra caixa de distinto nº de revolucións (marchas).Mecánica
8. Adaptacións para a utilización por persoas discapacitadas por modificación de mandos e/ou elementos que afecten a seguridade.Mecánica e electricidade
9. Modificación do sistema de suspensión.Mecánica
10. Modificación do sistema de dirección.Mecánica
11. Montaxe de separadores ou rodas de especificacións distintas ás orixinais.Mecánica
12. Substitución dos pneumáticos, incluídos na homologación de tipo del vehículo, por outros que non cumpran os seguintes criterios de equivalencia:

a) Índice de capacidade de carga igual ou superior.

b) Índice de categoría de velocidade igual ou superior.

c) Igual diámetro exterior, coas tolerancias definidas nos regulamentos de homologación de pneumáticos anexos ó acordo de Xenebra.

d) Que o perfil da lamia de montaxe sexa o correspondente ó pneumático.

Reparación de pneumáticos ou mecánica
13. Montaxe de eixes supletorios ou substitución de eixes «tadem» por «tridem» ou viceversa.Mecánica
14. Substitución total ou parcial do bastidor da estructura autoportante, cando a parte substituída sexa a que leva gravado o número de bastidor.Carrocería e mecánica
15. Reforma do bastidor ou da estructura autoportante, cando orixine modificación nas súas dimensións ou nas súas características mecánicas, ou substitución total da carrocería por outra de características mecánicas, ou substitución total da carrocería por outra de características diferentes.Carrocería e electricidade e mecánica
16. Modificacións de distancias entre eixes ou de saínte.Carrocería e mecánica
17. Aumento do peso técnico máximo admisible (PTMA).Mecánica

18. Variación do número de asentos non incluída na homologación de tipo e, de se-lo caso, do número de prazas de pé.Carrocería

ReformaRama/s

19. Transformación dun vehículo para o transporte de persoas en vehículo para transporte de cousas ou viceversa.Carrocería
20. Transformación dun camión calquera a camión con caixa abatible, camión cisterna, camión isotermo ou frigorífico, camión guindastre, tractocamión, camión formigoneira ou portavehículos.Carrocería e mecánica e electricidade.
21. Transformación a vehículo de autoescola.Mecánica
22. Transformación a vehículo blindado.Carrocería
23. Modificación das dimensións exteriores da cabina dun camión ou da súa elevación ou da súa localización.Carrocería.
24. Elevación do teito cando a carrocería estea montada sobre un bastidor.Carrocería
25. Transformacións que afecten a resistencia das carrocerías ou o seu acondicionamento interior, tales como ambulancias, funerario, caravana ou teito no caso de carrocería autoportante.Carrocería e mecánica.
26. Incorporación de dispositivos para remolcar (gancho, bola ou 5ª roda).Electricidade e carrocería, ou mecánica e carrocería, ou montaxe de dispositivos de remolcar
27. Incorporación de elevadores hidráulicos ou eléctricos para carga de mercadorías.Electricidade mecánica
28. Modificación do teito (enteiro, convertible).Carrocería
29. Adición de proxectores de luz de estrada.Electricidade
30. Sustitución do volante orixinal por outro de menores dimensións cando a diferencia entre os diámetros exteriores de ambos sexa maior do 10% e ata o 15% do diámetro primeiro.Mecánica ou carrocería
31. Instalación de depósito adicional de combustible.Carrocería
32. Instalación de equipos frigoríficos ou de calor.Carrocería e electricidade, ou mecánica e electricidade
33. Uso de conxuntos funcionais adaptables (Kits) que impliquen unha das reformas antes citadas.Carrocería e mecánica
34. Cambio dalgunha das características na tarxeta ITV do vehículo e non incluída nos casos anteriores.Carrocería e electricidade e mecánica

ANEXO III

Requisitos das entidades autorizadas pola Consellería de Industria para imparti-la formación dos profesionais do sector:

-Dispoñer de instalacións permanentes.

-Dispoñer da maquinaria mínima esixida que se relaciona no anexo I para a apertura dun taller en cada rama de actividade ou especialidade.

-Acreditar experiencia na formación de profesionais do sector de talleres.

-Memoria de acordo co especificado no artigo 4 bis.

ANEXO IV

Temarios dos cursos segundo as diversas especialidades:

Objetivo profesional: realizar traballos de diagnóstico, reparación, montaxe, mantemento ou transformación de vehículos na rama, función, especialidade ou campo parcial de actividade correspondente, cunha axeitada xestión de procedementos e recursos, para alcanza-la seguridade e o nivel de calidade necesario.

-Mecánica:

Coñecementos teóricos:

Elementos constitutivos do motor (transmisión, fixos, distribución) e os seus materiais.

Funcionamento dos motores de explosión e diesel, tanto de dous como de catro tempos; semellanzas e diferencias.

Diagramas, rendementos, consumos.

Alimentación de combustible: carburación e inxección.

Sistemas de lubrificación e refrixeración: circuítos, elementos e fluídos.

Embrague e caixa de cambio.

Sistemas de freo.

Transmisións.

Diferenciais.

Sistemas de dirección.

Suspensións.

Rodas e pneumáticos: tipos, características, equilibrado.

Normas para localización e reparación de avarías.

Aparellos de diagnose.

Normas para localización e reparación de avarías.

Coñecementos prácticos:

Verificación e control dos elementos dun motor.

Emprego de aparellos de verificación, axuste e sincronización.

Arrinque e posta a punto de motores de explosión e diesel.

Comprobación de cilindrada, potencia e par motor.

Verificación e control de sistemas de alimentación de combustible.

Verificación e control de sistemas de lubrificación e refrixeración.

Emprego de banco de probas e aparellos de diagnose.

Emprego de máquinas ferramenta especiais.

Manexo de embragues e caixas de cambio.

Manexo de sistemas de freo.

Manexo de transmisións.

Manexo de sistemas de dirección.

Manexo de suspensións.

Manexo de rodas e pneumáticos.

Localización e reparación de avarías.

-Electricidade:

Coñecementos teóricos:

Conceptos básicos de electricidade.

Necesidades da enerxía no automóbil.

Baterías: constitución, funcionamento, asociación, recarga.

Dinamos e alternadores: constitución, funcionamento, regulación.

O motor de arrinque: constitución e funcionamento.

Compoñentes electrónicos e a súa aplicación no automóbil.

Circuítos de acendido: constitución, funcionamento.

Reguladores: constitución, funcionamento, aplicación.

Circuítos de iluminación: conductores, faros, lámpadas.

Circuítos de manobra.

Circuítos accesorios, inxección electrónica, freos ABS.

Aparellos de verificación e control.

Normas para localización e reparación de avarías.

Coñecementos prácticos:

Verificación e control do circuíto e elementos de carga.

Verificación e control do circuíto e motor de arrinque.

Verificación e control do circuíto e elementos de acendido.

Arrinque e posta a punto.

Instalación, verificación e control do circuíto de iluminación.

Instalación, verificación e control do circuíto de manobra e os seus elementos.

Instalación, verificación e control de circuítos accesorios.

Instalación de compoñentes electrónicos aplicados ó automóbil.

Emprego de aparellos de diagnose.

Localización e reparación de avarías.

-Carrocería do automóbil:

Coñecementos teóricos:

O chasis.

Tipos de carrocerías.

Tipos de aceiros, chapas e novos materiais empregados en automóbiles.

Ferramentas e utensilios para reparación de chapa.

Procesos en quente e frío.

Tipos de unións.

Substitución de elementos.

Bancadas, sistemas de fixación e medidas.

Soldadura: tipos e aplicación.

Medidas de seguridade.

Limpeza e desengraxamento.

Lixado: procesos e ferramentas.

Imprimacións e masillas.

Coñecementos prácticos:

Identificación de utensilios e ferramentas.

Desmontaxe de carrocerías de diversos tipos.

Ensaios de dureza con prensa e soldadura.

Reparación de aboladuras e golpes.

Uso de bancadas.

Aplicación de tipos de soldadura.

Limpeza, lixado, aplicación de masillas, etc., en carrocerías.

-Pintura do automóbil:

Coñecementos teóricos:

Composición de pinturas e aglomerantes.

Reaccións de polimerización, policondensación, poliadición, disolventes, pigmentos.

Composición da luz, características da cor, metamerismo, círculo cromático, enmascarado, pinturas de acabado.

Secados, esmaltes, acrílicos.

Pintura metalizada.

Aplicación monocapa, bicapa, métodos de corrección.

Coñecementos prácticos:

Desoxidado, aplicación de cementos metálicos, imprimados, pintado con bituminosas, lacados, pulidos, etc.

-Xeral:

Normativa de seguridade industrial.

Normativa de protección do ambiente.

Normativa de prevención de riscos laborais.

11074