Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.140

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 349/1998, do 4 de decembro, polo que se dispón o nomeamento de vocais do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado por Decreto 227/1995, do 20 de xullo; no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento, sendo todos eles nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o devandito artigo 10 do Regulamento do ente público no seu número 8 establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vocal para ser proposto, ou a proposta de cesamento emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións, ou organismos que propuxeron o nomeamento. Así mesmo o citado precepto normativo establece no seu número 10 que os vocais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelixidos unha soa vez ó finalizaren o seu mandato.

Producidas polas causas anteditas diversas vacantes entre os vocais do Consello de Administración e considerando que estes foron nomeados inicialmente en virtude do Decreto 227/1996, do 24 de maio, e vistas as propostas das distintas administracións e entidades, de acordo co procedemento previsto no xa citado artigo 10 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia, e considerando así mesmo o acordo do seu Consello de Administración do día 30 de xullo de 1998, recibidas as propostas correspondentes ás distintas administracións públicas, entidades e organismos, na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de decembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Administración autonómica, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de Antonio Pérez Olveira.

Artigo 2º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Administración autonómica, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de Pablo Crespo Sabarís.

Artigo 3º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Administración autonómica, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, de Aurelio Miras Portugal.

Artigo 4º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, de Domingo Fernández Fernández.

Artigo 5º

O nomeamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, de Antonio López González.

Artigo 6º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, de Genaro Amigo Chouciño.

Artigo 7º

O nomeamento como vocal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, de Joaquín Quintáns Vila.

Artigo 8º

O nomeamento como vocal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Galega de Vela, de Francisco Quiroga Martínez.

Artigo 9º

O nomeamento como vocal do Consello de administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia da Coruña, de José Luis Torres Colomer.

Santiago de Compostela, catro de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

10905