Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.170

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 24 de novembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 19 de outubro de 1998 (DOG nº 208, do 27 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indica ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Consellería de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Fernández Piñeiro, Marco Antonio.

NRP ou DNI: 33.316.399.

Grupo: A.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe/a do Servicio de Turismo.

Código do posto: PRP191000027001001.

Nivel: 28B.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Uría Ruitiña, Alicia.

NRP ou DNI: 33.808.064.

Grupo: D.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe/a do Negociado de Habilitación.

Código do posto: CUC991000027001036.

Nivel: 18.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade. Lugo.

Apelidos e nome: Rodríguez Souto, Mª Carmen.

NRP ou DNI: 76.711.909.

Grupo: D.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: secretario/a do delegado provincial.

Código do posto: CUC991000027001001.

Nivel: 16.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Lugo.

10935