Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.170

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de novembro de 1998 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Presidencia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Presidencia, pola Orde do 2 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 200, do 15 de outubro de 1998) en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Número de rexistro: 34.936.963.57 A2059.

Grupo : D.

Apelidos e nome: González Rodríguez, Avelina.

Posto de traballo: secretario/a.

Nivel: 20.

Código posto: PR.P01.00.001.15770.102.

Centro directivo: Secretaría Xeral da Presidencia.

Localidade: Santiago de Compostela.

10979