Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.185

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (169/1994).

O maxistrado xuíz do Penal número 3 de Vigo en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón fai saber que neste xulgado, baixo o número 169/1994, se segue xuízo executivo por petición do Banco Pastor, S.A. representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Secundino Batalla Portela, en reclamación de 549.903 pesetas, máis os xuros legais, gastos e custas, e nos cales se acordou sacar á venda en pública poxa, polo termo de vinte días os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se sinalarán; poxa que terá lugar por primeira vez neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón o vindeiro día 8 de febreiro de 1999, ás 17.30 horas, baixo as seguintes:

Condicións da poxa

Primeira.-O tipo para a primeira poxa será o do valor dado ós bens, e non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

Segunda.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente polo menos o 20%

da valoración no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. conta de consignacións núm. 1576.0000.17.0169/94.

Terceira.-Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiros.

Cuarta.-Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, depositándoo na mesa do xulgado e xuntando resgardo acreditativo do ingreso do importe citado no punto segundo.

Quinta.-Que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, que non terán dereito a esixir ningúns outros; que así mesmo estarán de manifesto os autos; e que as cargas anteriores e as preferentes -se as houber- ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen destinar á súa extinción o prezo do remate.

Sexta.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 8 de marzo de 1999 ás 17.30 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo da valoración, que se rebaixa nun vintecinco por cento do da primeira; e, caso de resultar deserta esta segunda poxa, realizarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 8 de abril de 1999, ás 17.30 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Os bens obxecto de poxa, en lotes separados son os seguintes:

1. Sita no lugar de Condide, parroquia e concello de Pontecesures (Pontevedra) Maceiral, campo inculto, de 35 m. Linda: norte, camiño; sur, vestixios de muro; leste, herdeiros de José Souto; e oeste, camiño. Non figura rexistrada. Taxada para efectos de poxa en 35.000 ptas.

2. Sita no lugar de Condide, parroquia e concello de Pontecesures-Pontevedra. Agro do Caeiro, toxeira, de 3 áreas e 32 centiáreas. Linda: norte, de Secundino Batalla Portela e Milagros Riveiro Oliveira e en pequena parte herdeiros de José Souto, vestixios de muro no medio; sur, bens privativos de Delfina Gago Souto; leste, no plano máis alto, herdeiros de Jose Pérez; e oeste, madarrón (cómaro) que a sostén e, en plano máis baixo, camiño de carro. Non figura inscrita no rexistro. Taxada para efectos de poxa en 157.000 ptas.

3. Sita no lugar de Condide, parroquia e concello de Pontecesures-Pontevedra. Maceiral, toxeira e campo, de 3 áreas e 32 centiáreas. Linda: norte, de Secundino Batalla Portela e Milagros Riveiro Oliveira e, en pequena parte, herdeiros de José Pérez;

sur, Elisardo Gago Souto; leste, camiño de carro; e oeste, madarrón (cómaro) que a sostén e, en plano máis baixo, camiño de carro. Non figura inscrita no rexistro. Taxada para efectos de poxa en 664.000 ptas.

4. Sita no lugar de Condide, parroquia e concello de Pontecesures-Pontevedra. Campo inculto Caeiro, de 3 áreas e 15 centiáreas. Linda. norte, camiño veciñal; sur, herdeiros de José Gago; leste, camiño de servicio, e oeste, Secundino Batalla Portela. Non figura inscrita no rexistro. Taxada para efectos de poxa en 157.500 ptas.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados-executados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos correspondentes diarios oficiais, en Padrón o catro de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

10671