Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.185

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (137/1998).

En virtude do disposto polo xuíz deste xulgado, por resolución do día da data, dictada nos autos de xurisdicción voluntaria sobre nomeamento de contador-partidor, seguido por instancia de Eugenio Lorenzo Vázquez, cítanse os herdeiros de Concepción Gómez Vilas, chamados Manuel, Marcelino, Sabino, José e Carmen Fernández Gómez, para que o vindeiro día dezaoito de decembro, ás once horas, comparezan ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, sito na Rúa do Carme, 3-baixo, para asistir á comparecencia para nomear contador-partidor da herdanza da causante.

E para que conste e lles sirva de citación en forma ós referidos herdeiros, expido este edicto en Negreira o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e oito.

P.S.

O secretario xudicial

Rubricado

10297