Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2377; XG-226, entre Manzalvos e a estación de FF.CC. da Vilavella, por substitución da concesión: V-2377; XG-226, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 9 de setembro de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Marcelino Pérez Giralda a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2377; XG-226, entre Manzalvos e a estación de FF.CC. da Vilavella, por substitución da concesión: V-2377; XG-226, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

Manzalvos, Cádavos, A Mezquita, O Pereiro e estación de FF.CC. da Vilavella.

II. Expedicións.

Manzalvos-estación de FF.CC. da Vilavella (19 km).

Período lectivo do 20 de setembro ó 20 de xuño:

-Unha expedición de ida e volta os luns e mércores.

-Unha expedición de ida os venres.

Período non lectivo do 21 de xuño ó 19 de setembro:

-Unha expedición de ida e volta os luns.

-Unha expedición de ida os venres.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa usuario: 105 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 300 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

10571