Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7036; XG-410, entre Trabada e Ribadeo, con anexo, en execución da sentencia 866/1992, do 24 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 20 de xaneiro de 1995, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, a José Rodríguez Bermúdez a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7036; XG-410, entre Trabada e Ribadeo, con anexo, en execución da sentencia 866/1992, do 24 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Trabada, Regocorto, Vidal, Arante, Remourelle, Cubelas, empalme, Vilela, Santa Cruz e Ribadeo.

* Valadoura, A Ponte e Cedofeita.

II. Prohibicións de tráfico.

De e entre Remourelle e Ribadeo, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

Trabada-Ribadeo (31,1 km).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.-Unha expedición de ida e volta luns, mércores e venres.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,12 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,82 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,62 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

1054