Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 362/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966,

do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,899 km, con orixe no apoio nº 26 da L.M.T. a C.T. Loiba, e final no C.T. proxectado de Outeiro. Liña de media tensión aérea a 20 kV, de 0,032 km, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. Outeiro, e final no C.T. proxectado Casal. Centro de transformación tipo intemperie Outeiro, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Centro de transformación tipo

intemperie Casal, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión aérea de 0,895 km, con orixe no C.T. Outeiro, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Rede de baixa tensión aérea de 0,875 km, con orixe no C.T. Casal, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 362/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Outeiro e Casal. (Termo municipal de Ortigueira).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo dos trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 362/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T. Casal.Termo municipal: Ortigueira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Ponte de VeiraPradoRafael Prieto e outroEstr. Loiba, 15332 Ortigueira20

5Ponte de VeiraPradoJosefa Lorenzo ÁlvarezAvda. de Xubia, 12, 15510 Nedaœ C.T.3110

Expediente: 362/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T. Piñeiro.Termo municipal: Ortigueira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

11A GrelaLabradíoJosé Vicente Cao Valer/ Baldaio, 5-4º, 15007 A Coruña850

12PeinzasPradoRafael Prieto CernadasEstr. (Taller) Loiba, 15332 Ortigueira30240

13PeinzasMonte altoGimena Cao ValeVilla Gimena Pto. Espasante, 16332 Ortigueira60

35Ponte da VeigaPradoRafael Prieto e outrosEstr. Loiba, 15332 Ortigueira18

47PumariñoLabradíoEmiliano Rego ArdoDescoñecido, A Coruña20200

53So OrtoPradoSara Martínez Martínezr/ A Paz, 28-3º Esq., 15578 Narón36360

54O CeleiroPradoMercedes Rego TeijeiroEstr. Gándara, 11-1º, 15407 Ferrolœ C.T.340200

59As GrelasPradoDolores Careja PedreiraRosalía de Castro, s/n, Montrove, Oleiros840

60As GrelasPradoDolores Careja PedreiraRosalía de Castro, s/n, Montrove, Oleiros840

10387