Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/193-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Outomuro-O Bagullo.

Situación: Cartelle.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. subterráneas a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV. (1ª): de

140 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. aérea proxectada a C.T. pé de poste de Outomuro e remate no C.T. proxectado pé de poste manobra exterior de Outomuro con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V. (2ª): de 15 metros, con orixe en apoio nº 80 da L.M.T. existente Celanova-Castrelo e remate no C.T. compacto proxectado de Outomuro con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. 3 R.B.T. aéreas de 1.460, 2.440 e 2.595 metros respectivamente en conductor R.Z. e 2 R.B.T. subterráneas de 15 e 60 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11129