Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios, regulados no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 13 de agosto de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia nº 162, do 21 de agosto), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios e relativos ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais.

Na súa sesión celebrada o 27 de novembro de 1998, unha vez elevada a correspondente proposta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, escala de axentes forestais, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 13 de agosto de 1998 pola comisión permanente de selección, non están incluídos nas listas.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, de se-lo caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para

a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Conselllería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

Cuarto.-De conformidade co establecido na base 3.3 da Resolución do 13 de agosto de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 162, do 21 de agosto), como requisito indispensable para ser admitido nas listas, deberase proceder ó pagamento no mesmo prazo de 10 días, das seguintes taxas por dereitos de inscrición: 5.910 pesetas.

O aboamento das taxas efectuarase segundo modelo anexo IV nas entidades bancarias que se sinalan.

O non aboamento das taxas no prazo fixado suporá a exclusión automática da/s lista/s.

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

11203