Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.201

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Visto o expediente do convenio colectivo para o Concello de Vilagarcía de Arousa de Arousa, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-8-1998, subscrito en representación da parte económica polo alcalde e o concelleiro delegado de persoal, e da parte social, pola representación sindical (UGT-1, CC.OO.-2), o día 23-6-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de outubro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

I Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilagarcía de Arousa

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais de traballo do persoal laboral e contratado que presta os seus servicios para o Concello de Vilagarcía de Arousa.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá aplicación con efectos económicos e sociais desde o 1-1-1998 e a súa duración será ata o 31-12-1999.

As partes comprométense a volver a negociar antes do remate da vixencia do presente convenio as súas bases, que rexerán a partir do 1-1-2000.

Artigo 3º.-Denuncias.

O presente convenio considérase prorrogado por períodos anuais ata a súa denuncia, que deberá producirse cun aviso previo de tres meses respecto da data en que remata a súa vixencia.

Nembargantes, ámbalas dúas partes comprométense a manter en vigor as condicións pactadas no presente convenio ata que se asine outro novo.

Artigo 4º.-Natureza.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible, e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas e salariais pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexesen por imperativo legal, xurisprudencia, convenio ou pacto, contrato individual, usos e costumes locais ou por calquera outra causa.

Tendo en conta, polo tanto, a natureza do convenio, as disposicións legais futuras, incluídas as relativas a salarios interprofesionais, que impliquen variacións económicvas en todos ou nalgún dos conceptos retributivos pactados, só terán eficacia se, global

mente consideradas e sumadas ós conceptos retributivos vixentes con anterioridade a este convenio, superan o nivel total deste.

En caso contrario, considéranse absorbidas polas melloras pactadas. A comparación será anual e global.

Artigo 6º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter global, excedan do pactado, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 7º.-Comisión paritaria de vixilancia e interpretación do convenio.

Coa finalidade conciliadora e mediadora entre as partes asinantes do convenio, e para atende-las cuestións que se deriven da súa aplicación, crearase unha comisión paritaria de vixilancia e interpretación integrada por igual número de representantes da corporación e dos traballadores/as: tres representantes por cada unha das partes.

Esta comisión deberá constituírse dentro dos quince días seguintes á entrada en vigor do convenio e reunirase por petición de calquera das partes ou, como mínimo, trimestralmente.

Poderá emitir informe sobre calquera cuestión sometida á súa consideración, e calquera outra que a propia comisión entenda debe coñecer.

Deberase redactar unha orde do día con carácter previo ás súas reunións.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 8º.-Organización.

De acordo coas disposicións vixentes, a facultade e a responsabilidade da organización do traballo corresponde ó goberno da corporación, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidas ó persoal no Estatuto dos traballadores.

Artigo 9º.-Dirección e control da actividade laboral.

O persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa estará obrigado a realiza-la prestación laboral baixo a dirección das persoas que a corporación local designe.

Capítulo III

Cadros de persoal, ingresos e ascensos

Artigo 10º.-Cadros de persoal.

Os cadros de persoal serán aprobados pola corporación municipal, logo de consulta cos representantes dos traballadores/as.

Artigo 11º.-Ingresos.

O ingreso de persoal farase de acordo coas necesidades unha vez aprobado o cadro de persoal.

Para ingresar requirirase posuír e acredita-las condicións de aptitude e preparación suficientes para

desenvolve-los traballos de que se trate, superando para tal efecto as probas correspondentes.

O ingreso efectuarase a través dos sistemas establecidos pola lexislación vixente. Das bases, convocatorias e acordos de ampliación e supresión de postos de traballo darase conta ós representantes sindicais do comité de empresa, para os efectos de que este emita o informe que proceda.

Na avaliación, realización e cualificación das probas tomará parte a representación sindical, conforme o previsto no presente convenio.

En todo caso, a corporación haberá de reservar na oferta pública de emprego o número porcentual que a lexislación prevé para minusválidos, cumprindo dese xeito o preceptuado na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e o artigo 5, punto 1º e 2º do R.D. 152/1985, do 6 de febreiro. Con tal fin farase constar na oferta o número, denominación e características das prazas das que se tratan.

Artigo 12º.-Tribunais.

Tódolos tribunais de persoal laboral que se constitúan deberán constar como mínimo dun representante, con voz e voto, designado polo comité de empresa de entre os traballadores/as do concello, procurando que as ditas designacións sexan con carácter rotativo.

Artigo 13º.-Organigrama.

A corporación municipal elaborará anualmente o organigrama do seu persoal laboral posto ó día, que constará como mínimo dos seguintes datos: nome, apelidos, data de nacemento, categoría real que desempeñe, anos de servicio, traballos, cualificación e horario de traballo.

A corporación exporá durante os primeiros 15 días do mes de xaneiro a escala confeccionada para coñecemento dos traballadores/as, os cales terán outro prazo de 15 días para reclamaren contra calquera anomalía. A corporación resolverá no prazo dunha semana. De persisti-la disconformidade, o afectado poderá recorrer pola vía administrativa.

Capítulo IV

Artigo 14º.-Clasificación do persoal.

O persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa clasifícase en funcionario de carreira, interino e eventual, e persoal laboral.

Será considerado persoal laboral temporal o que, de acordo co exposto no artigo 11º, sexa contratado por un período determinado e para labores que por temporalidade non poidan ser cubertos con traballadores fixos. Será contratado de acordo coa lexislación vixente e coa que regula os convenios INEM-corporacións locais e colaboración social.

Dadas as especiais características que regulan a colaboración social, e co obxecto de se axustaren á normativa os servicios prestados nesta modalidade,

e non en prexuízo da creación de emprego, informarase o comité de empresa, previamente á selección deste persoal.

Segundo o seu traballo, o persoal será clasificado individualmente, incluíndo as distintas especialidades que se dean no concello. No anexo I recóllense as distintas categorías previstas.

Capítulo V

Xornada de traballo, vacacións e licencias

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será como máximo de 37,5 horas en cómputo semanal, preferentemente, e sempre que as necesidades e a propia organización do servicio o permitan, terá carácter continuado e levarase a cabo de luns a venres.

Durante o mes de xullo e agosto a xornada laboral reducirase en media hora diaria, conforme o estipulado na instrucción VII da resolución de 27-4-1995, da Secretaría de Estado para as Administracións Públicas, e capítulo 36 do acordo Administración-sindicatos (1995-97), referida á xornada de verán, coa única excepción de que a devandita reducción non se levará a cabo no caso de que necesidades urxentes do servicio o impidan, procedéndose, neste caso, con posterioridade, á compensación do tempo traballado a maiores en días ou horas libres.

Respectaranse, en todo caso, outras xornadas máis beneficiosas que existan no concello.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración dun mes natural e desfrutaranse preferentemente durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

As vacacións interromperanse en caso de accidente ou enfermidade grave. Igualmente, e para o suposto de que o dito accidente ou enfermidade grave sobreveña con anterioridade ó inicio das vacacións e subsista na data sinalada para o comezo destas, estas non comenzarán a correr para o interesado, logo do informe e baixo o control dos servicios médicos correspondentes. Asemade, no caso de que se producise o accidente ou enfermidade grave durante o desfrute das vacacións, logo de informe médico, paralizarase o seu desfrute.

Nos servicios en que sexa posible faranse quendas rotativas.

En xaneiro de cada ano farase o cadro de vacacións para os distintos servicios.

As vacacións estarán suxeitas ás necesidades dos servicios que teñan carácter excepcional.

A traballadora embarazada terá dereito preferencial á hora de escolle-lo seu período vacacional regulamentario.

Artigo 17º.-Licencias.

O traballador terá dereito a licencia retribuída polos tempos e causas seguintes:

-15 días naturais por matrimonio.

-1 día por traslado de domicilio.

-2 días por morte dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade e dentro do termo municipal, e 4 días se o suceso se produce fóra (1º grao de consanguinidade: pais e fillos; 2º grao: avós, netos e irmáns; 1º grao de afinidade: cónxuxe, sogros e xenros, e 2º grao: avós do cónxuxe, cónxuxes dos netos e cuñados).

-2 días por enfermidade grave dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade se o suceso se produce dentro do termo municipal, e 4 días cando o suceso se produce fóra, ou permanecera hospitalizado fóra do termo municipal.

-2 días por nacemento dun fillo se o suceso se produce dentro do termo municipal, e 4 días cando o suceso se produce fóra, ou permanecera hospitalizado fóra do termo municipal.

-No suposto de adopción dun menor de 9 meses, o traballador/a terá dereito a un permiso dunha duración máxima de dezaseis semanas, contadas, á súa elección, ben a partir do momento da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Se o fillo adoptado é maior de nove meses e menor de cinco anos, o permiso terá unha duración máxima de seis semanas. No caso de que o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

-9 días por asuntos particulares, non incluídos no presente artigo.

-Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais de formación, durante os días da súa celebración.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal.

-Os traballadores/as teñen dereito a permiso para acudir a consultas, tratamentos ou exploracións durante a xornada de traballo, sempre que as asistencias estean debidamente xustificadas. Este permiso será extensivo para o acompañamento de cónxuxe e fillos e terá a duración precisa para que sexa atendido debidamente, sempre que non se poida asistir fóra da xornada laboral.

-As traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo. Este dereito poderá ser exercido polo pai se non é utilizado pola nai ó mesmo tempo.

-Tódolos traballadores que estiveran desfrutando do seu día de descanso e sexan convocados a asistir a declarar a un xulgado por motivos relacionados coas súas funcións, e logo de xustificación do tempo invertido serán compensados en tempo de desfrute, a razón de dúas horas por cada hora invertida.

As solicitudes de días por asuntos propios deberán realizarse cunha antelación mínima de 72 horas (3

días laborables) e presentalas no rexistro xeral do concello e unha copia no Negociado de Persoal. No suposto de que a solicitude non se resolva con 24 horas de antelación ó día de desfrute, entenderase concedida a licencia.

Artigo 18º.-Licencias sen soldo.

O persoal laboral fixo que cumprise polo menos un ano de servicio e o contratado con máis de tres anos de servicios continuados, poderá solicitar ata 3 meses de licencia sen soldo. Esta será concedida con carácter xeral, elixindo o traballador/a o seu desfrute, e sempre e cando non perturbe a marcha normal da actividade, agás que as necesidades do servicio non o permitan.

Tamén con carácter xeral, solicitarase cunha antelación mínima de 15 días.

O traballador/a terá dereito absoluto de reserva da praza.

Artigo 18º.-Excedencia voluntaria.

Poderá ser solicitada polo persoal laboral fixo con, polo menos, 2 anos de antigüidade. A duración desta non poderá ser inferior a dous anos nin superior a dez, e o dereito a unha nova excedencia voluntaria só poderá ser exercido tres anos despois da súa última reincorporación, agás nos supostos en que se solicitase para atende-lo coidado dun fillo, contando desde a data de nacemento deste, caso no que o período de excedencia non poderá pasar de tres anos, e no que o comezo dun novo período de excedencia por outro fillo dará fin, se for o caso, ó que viñese desfrutando.

O traballador/a excedente voluntario/a terá dereito a ocupa-la primeira praza vacante que se produza na súa categoría. Se, non existindo vacante na súa categoría, a houbese nunha inferior á que desempeñaba, poderá optar transitoriamente a esa praza, en tanto non se produza vacante na súa categoría.

Artigo 20º.-Excedencia por servicios especiais.

No caso de persoal laboral fixo dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, e concederase a causa de designación ou elección para un cargo público ou función sindical electiva, de acordo cos estatutos do sindicato, de ámbito provincial ou superior, que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó do cesamento no cargo público ou función sindical, producíndose a reincorporación inmediata.

Capítulo VI

Salarios e outras retribucións

Artigo 21º.-Salario.

Os salarios mensuais do persoal acollido ó presente convenio serán en 1998 os que figuran no anexo II, en función da categoría profesional e o nivel de estudios esixido, téndose en conta, en todo o caso,

o disposto pola lexislación con respecto ás retribucións básicas e complementarias.

A remuneración mensual do citado anexo II será pagadoira en doce mensualidades.

Artigo 22º.-Antigüidade.

Os traballadores/as laborais fixos e os contratados con máis de tres anos de servicios continuados, desfrutarán dun complemento persoal de antigüidade por cada 3 anos de servicios prestados ó concello, na mesma contía que para os funcionarios, de xeito que ó grupo I lle corresponde ó grupo A de funcionarios e así correlativamente.

No caso de persoal a tempo parcial efectuarase de xeito proporcional.

Artigo 23º.-Pagas extras.

As pagas extraordinarias do persoal laboral serán dúas ó ano por un importe, cada unha delas, dunha mensualidade do soldo base e trienios (antigüidade). Estas pagas devengaranse, unha coas retribucións correspondentes ó mes de xuño e outra antes do día 22 de decembro.

No caso do persoal contratado, estas pagas aboaranse a pro rata do tempo traballado.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de desemprego existente, e co obxecto de fomentar unha política solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase o seguinte:

1. As horas extraordinarias de realización obrigada serán as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e/ou urxentes.

2. As horas extraordinarias de realización voluntaria serán aquelas esixidas por períodos punta, ausencias imprevistas, cambios de quendas ou outra circunstancia derivada da natureza da actividade do concello.

As horas extras realizadas en cada servicio serán repartidfas de forma proporcional entre tódolos traballadores/as dese servicio, no caso de que estas sexan de carácter voluntario.

As horas extraordinarias feitas fóra da xornada normal de traballo, agás necesidade urxente do servicio ou acordo da corporación, co informe previo do comité de empresa, non poderán exceder de sete ó mes ou setenta ó ano. Cando nalgún servicio se exceda de 900 horas extraordinarias, crearase un novo posto de traballo e, conseguintemente, unha nova praza no cadro de persoal. Non serán computadas para estes efectos aquelas horas realizadas por causas de forza maior.

Para o debido control do número de horas extraordinarias feitas, a unidade de persoal deberá levar un rexistro por servicios co número de horas extraordinarias feitas durante o ano.

Trimestralmente enviarase ó comité de empresa unha relación de horas extraordinarias feitas por cada servicio.

3. Tanto as horas de realización obrigada como voluntaria aboaranse conforme o seguinte baremo:

-Grupo I: 2.294 ptas./hora.

-Grupo II: 1.564 ptas./hora.

-Grupo III: 1.356 ptas./hora.

-Grupo IV: 1.199 ptas./hora.

-Grupo V: 1.043 ptas./hora.

Ou un descanso adicional a razón de 2 horas por hora traballada con este carácter.

Este baremo de horas extraordinarias será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 1998.

4. No caso de que as horas extraordinarias se realizasen en domingo, festivo ou en horario nocturno, o importe incrementarase no 50% por hora ou fracción.

Enténdese como xornada festiva os días libres, aínda que non figuren no calendario como tales, e como horas nocturnas as que se fagan entre as 22 e as 8 horas.

Artigo 25º.-Indemnizacións.

Os traballadores contratados terán dereito cando remate o seu contrato ou a prestación de servicios ó concello a unha indemnización nos termos que determina a lei en cada caso.

Esta indemnización aboarase a pro rata do tempo traballado.

Artigo 26º.-Complemento persoal transitorio.

Establécese este complemento, que ten carácter absorbible, para os casos que se sinalan nos anexos II e III.

Este complemento será absorbido en posteriores incrementos salariais, no apartado correspondente a complementos, pluses e incentivos, respectándose en todo caso o incremento que corresponda ó salario base.

Capítulo VII

Obras sociais e previsión

Artigo 27º.-Formación e capacitación profesional.

A formación dos empregados públicos, tanto a continua como a inicial, constitúe un valor fundamental para calquera proxecto que queira afronta-la súa modernización.

Neste contexto a formación debe ser considerada como unha necesidade e unha obriga, constituíndo un factor básico para incrementa-la motivación e a integración dos empregados públicos e un mecanismo eficaz e indispensable para articula-la mobilidade e a promoción.

É manifesta, pois, a importancia da formación nos momentos actuais para desenvolver unhas administracións locais máis eficaces, polo que as súas principais funcións serán as seguintes:

Unha función de adaptación permanente á evolución das profesións e do contido dos postos de traballo e, polo tanto, de mellora das competencias e cualificacións indispensables para incrementa-la eficacia e a calidade dos servicios que prestan as administracións públicas e o persoal ó seu cargo.

Unha función de promoción que permita a un gran número de empregados públicos evita-lo estancamento na súa cualificación profesional.

É unha función de axeitamento e integración das previsións dos plans de emprego, entendidos como mecanismos de planificación estratéxica dos recursos humanos.

O Concello de Vilagarcía de Arousa e o comité de empresa asinantes deste acordo, a través da comisión paritaria, realizarán a detección de necesidades de formación no campo do concello, co obxectivo de que os plans de formación se elaboren en congruencia cos obxectivos e as prioridades da organización, e se integren na planificación estratéxica da Administración a que pertencen.

En prol de que o servicio ó cidadán por parte do concello sexa cada día máis áxil, eficaz e productivo, establécese tamén que todo o persoal que estea cursando estudios e que o horario destes coincida en todo ou en parte co da súa xornada laboral, terá dereito a que o concello, na medida do posible, adecúe o seu horario de traballo para facer estes compatibles.

O concello poderá promove-la capacitación profesional do persoal ó seu servicio, promovendo cursos de capacitación profesional. Estes cursos, conforme a lexislación vixente, serán considerados dentro da xornada de traballo.

Nun período de tres anos, todo o persoal que o desexe poderá realizar, alomenos, un curso de capacitación profesional.

De tódalas comunicacións de cursos na C.A. e doutros de interese recibidos no concello, haberá de darse conta ó comité de empresa.

Os traballadores/as que desexen asistir a algún destes cursos deberán solicitalo á alcaldía, a través do rexistro xeral do concello.

A asistencia ós cursos deberá ser logo de autorización do concello, que aboará a matrícula e os desprazamentos, de se-lo caso, así como nos casos en que fose necesario xantar fóra da casa ou estivese estipulado legalmente, aboará as axudas de custo correspondentes.

Artigo 28º.-Normalización lingüística.

Os traballadores/as do Concello de Vilagarcía de Arousa teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma gale

go, como lingua da Comunidade Autónoma e, en particular, do concello e, polo tanto, acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.

Artigo 28º.-Vestiario.

Dotarase o persoal de servicios das pezas de roupa de traballo que precisen. Igualmente proverase de botas de auga, calzado de seguridade, luvas ou traxes especiais a aquel persoal que o precise, e de todos aqueles elementos que o comité de seguridade e saúde laboral estableza.

A corporación comprométese a habilitar no seu orzamento anual a cantidade suficiente para vestiario, que se adquirirá a medida que sexa necesario.

Corresponde ó comité de seguridade e saúde laboral avalia-las necesidades de vestiario e face-la proposta correspondente.

Artigo 30º.-Anticipos.

Por petición do interesado, e logo de informe do comité de empresa, o concello poderá conceder ós traballadores/as laborais fixos e aqueles outros que leven prestando servicios máis de dous anos, a que se prevexan que a duración da súa contratación sexa o suficientemente ampla, anticipos de ata dúas mensualidades completas e íntegras, cun tope máximo de 500.000 ptas., que devolverán mediante descontos mensuais en nómina, e sen que xeren ningún tipo de xuro, no prazo que elixa o interesado, ata un máximo de 24 meses.

O período máximo de amortización non poderá exceder en ningún caso da data na que se produza a baixa do solicitante ó servicio do concello.

Non se concederán novos anticipos se o interesado non amortizou o 100% do que xa tiña concedido, agás que concorra unha causa de especial transcendencia, valorada como tal pola comisión mixta.

Establécese para anticipos, como partida única no orzamento do Concello, no ano 1998 un tope por parte da Administración de 7 millóns de pesetas, no ano 1999 de 8 millóns. As solicitudes de anticipo faranse preferentemente de xaneiro a abril de cada ano, debendo xustificarse a necesidade da solicitude. Os anticipos concederanse en función da necesidade e dentro dos topes sinalados, se ben as partidas correspondentes serán ampliables para o resto do ano nos casos de necesidade sobrevida.

Artigo 31º.-Axuda por fillos en idade escolar.

Todo o persoal laboral fixo do concello ou contratado, por un tempo igual ou superior a dous anos, e que estea en activo, e logo de informe do comité de empresa, percibirá, logo de aportación documental do seu dereito, as seguintes axudas por fillos en idade escolar:

-Fillos en educación infantil e/ou gardería: 5.000 ptas. ano/fillo.

-Fillos en educación primaria: 10.000 ptas. ano/fillo.

-Fillos en 1º ciclo de ESO ou equivalente: 12.500 ptas. ano/fillo.

-Fillos en 2º ciclo de ESO ou equivalente: 15.000 ptas. ano/fillo.

-Fillos en ESPO ou equivalente: 20.000 ptas. ano/fillo.

-Fillos na universidade: 50.000 ptas. ano/fillo.

Poderanse denegar a aqueles empregados que teñan ingresos familiares mensuais superiores a 250.000 ptas. brutas.

Estas bolsas serán incompatibles coa percepción doutras similares que outorgue a Administración. No caso de que a axuda outorgada pola outra Administración sexa de contía inferior á prevista neste artigo, o traballador/a terá dereito á diferencia resultante.

Artigo 32º.-Xornada reducida.

O traballador/a que teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou algún diminuído físico ou psíquico, e sempre que non teña outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada dun tercio de duración. Este dereito só poderá ser exercido por un dos cónxuxes, con reducción proporcional de retribucións.

Artigo 33º.-Caixas de urxencias.

En tódalas dependencias de traballo, e independentemente dos servicios que poidan presta-las institucións sanitarias, existirán caixas de urxencias con todo o preciso para o urxente tratamento de accidentes.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 34º.-Comité de seguridade e saúde laboral.

Estará formado por igual número de representantes da Administración que dos traballadores. Formarán parte del tódolos representantes legais dos traballadores/as.

O presidente e o secretario serán nomeados de acordo coa lexislación vixente.

Reuniranse semestralmente. As súas decisións serán executivas, tanto para os traballadores como para o concello.

O concello, en caso de contrato con terceiros, esixirálle-lo estricto cumprimento da normativa sobre este aspecto.

Capítulo IX

Dereitos sindicais

Artigo 35º.-Crédito horario.

Os delegados elixidos terán dereito a un crédito horario de 20 horas mensuais. Este crédito horario poderá ser acumulado entre dous ou máis delegados.

En todo caso, o cómputo de horas farase anualmente.

Artigo 36º.-Horas sindicais.

Non se computarán como horas sindicais as que se utilicen para a negociación do convenio e para reunións cos órganos da corporación, sempre que sexa a requirimento dos citados órganos, así como as asistencias ós tribunais como membros deles.

Tódolos delegados sindicais terán acceso libre a tódalas dependencias, oficinas e servicios municipais, tendo dereito, logo de solicitude por escrito, a seren informados dos asuntos que deban coñecer pola representación que teñan, todo iso sen perturba-lo normal funcionamento dos servicios.

Artigo 37º.-Seccións e delegados sindicais.

Tódalas organizacións sindicais que conten con afiliación dentro do concello poderán constituír ó abeiro da LOLS, seccións sindicais de empresa. O responsable delas, que será nomeado entre os traballadores/as afiliados/as, terá os mesmos dereitos cós delegados de persoal, agás o voto.

Artigo 38º.-Asembleas.

Poderanse realizar, por parte dos delegados de persoal e seccións sindicais de empresa, asembleas de traballadores durante a xornada de traballo. O número destas non excedeerá de 36 horas ó ano, distribuíndose a convocatoria ó 50% entre os delegados elixidos e o outro 50% entre as seccións sindicais de empresa, logo de notificación.

Capítulo X

Réxime disciplinario

Artigo 39º

En defecto de norma aplicable, o persoal laboral do Concello de Vilagarcía de Arousa poderá ser sancionado pola comisión das faltas tipificadas, e a través do procedemento establecido no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Real decreto 33/1986, do 10 de xaneiro, e Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O réxime disciplinario establecido enténdese sen prexuízo da responsabilidade civil ou penal en que poidan incorre-los traballadores/as, que se fará efectiva na forma que determine a lei.

As faltas cometidas polos traballadores no exercicio dos seus cargos poderán ser:

Moi graves, graves e leves, tal e como se establece na lexislación á que se fai referencia. As persoas responsables, sancións disciplinarias, extinción de responsabilidade disciplinaria, tramitación (disposicións xerais, ordenación, iniciación, desenvolvemento e terminación) xunto coas disposicións adicionais, transitorias e derrogatorias, configurarán, no seu conxunto, o procedemento disciplinario.

Capítulo XI

Outras disposicións

Artigo 40º.-Seguro de accidente e póliza de responsabilidade civil.

O Concello de Vilagarcía de Arousa subscribirá cunha compañía saeguradora un seguro de accidentes de traballo para todo o seu persoal laboral fixo ou cunha antigüidade superior a 2 anos, nunha cantidade individual non inferior a 1.000.000 de ptas. en caso de morte, e 2.000.000 de ptas. en caso de invalidez.

O concello farase cargo dunha póliza de responsabilidade civil para todo o persoal suxeito a este convenio, para actos dentro do seu servicio, e con respecto a terceiros.

Artigo 41º.-Absentismo laboral.

Co fin de corrixir e revisar, de se-lo caso, o absentismo laboral, o concello poderá enviar a revisión médica, a facer unha inspección médica naqueles casos que sexa preciso.

Artigo 42º.-Asistencia letrada.

O persoal que por razón do seu servicio se vexa involucrado en accións xudiciais contará con asesoramento técnico e xurídico por conta do propio concello, desde o comezo ata que haxa sentencia firme.

Artigo 43º.-Persoal interino laboral.

Todo o persoal interino percibirá o 100% do salario da praza que ocupe.

Artigo 44º.-Feriados.

Considéranse feriados para tódolos efectos, e como de traballo/efectivo, os días 24 e 31 de decembro, aínda que funcionará o rexistro público.

Artigo 45º.-Plan de pensións.

O concello comprométese, de conformidade cos acordos adoptados no seu día, a mante-lo actual plan de pensións, para todo o seu persoal laboral fixo ou cunha antigüidade superior a 2 anos, coa cantidade de 4.433 ptas./mes e traballador, durante o ano 1998, incrementando no IPC para o ano 1999 e seguintes.

Disposicións adicionais

Primeira.-Na execución das cláusulas reguladas no presente convenio observaranse, en tódolos casos, as disposicións legais de aplicación, en cada caso, de carácter obrigatorio.

Segunda.-A Corporación Municipal, sobre temas de persoal laboral solicitará informe previo ó comité de empresa, garantindo tanto a información previa a este órgano de representación que posibilite a emisión de informes, como o seu coñecemento polo concelleiro delegado de persoal.

Terceira.-A este convenio incorporaranse as táboas salariais para o persoal laboral do Concello de Vila

garcía de Arousa, así como os incrementos salariais producto do acordo de aprxoimación retributiva entre persoal laboral e funcionarios; acordo a aplicar durante o presente ano de 1998, e con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro, e o vindeiro ano de 1999 (anexos II e III).

Disposición transitoria

Durante o ano 1998, os salarios do persoal correspondente a convenios con outras administracións (convenios, Xunta, Inem...) serán os que correspondan as solicitudes feitas polo propio concello. Respecto ó ano 1999, as subvencións solicitaranse de acordo coas táboas salariais deste convenio.

Vilagarcía de Arousa, 23 de xuño de 1998.

ANEXO I

Clasifícase o persoal laboral que non está incluído en ningún tipo de convenio con outra institución (Inem, Xunta de Galicia, etc.), nos seguintes grupos, en función da titulación e/ou categoría profesional requirida para o posto de traballo:

Grupo I: persoal titulado superior.

Grupo II: persoal titulado medio.

Grupo III. persoal ó que se lle esixa titulación da bacharelato, FPII ou equivalente.

Grupo IV: encargado, capataz, delineante, administrativo 2ª, auxiliar de clínica, auxiliar administrativo, monitores cursos e similares, e persoal ó que se lle esixa titulación de grao escolar ou FP I.

Grupo V: operario, peón, limpadora, oficial de oficios, subalterno e similares e persoal para o que se esixa titulación de estudios primarios.

O persoal laboral fixo e contratado ou temporal existente na actualidade no concello, adscríbese ós seguintes grupos:

Persoal laboral en xeral:

Grupo I: sociólogo, arquitecto.

Grupo II: arquitecto técnico.

Grupo IV: delineante, administrativo 2ª, Aux. administrativo.

Grupo V: conserxe, limpadoras, conductor, pintor, laceiro.

S.P.A.D.:

Grupo I: médicos, psicólogos.

Grupo II: asistentes sociais, educadora, ATS, profesora linguaxe.

Grupo IV: Aux. administrativo, Aux. clínica, monitora manualidades.

Escola de música:

Grupo I: profesor superior.

Grupo II: profesor grao medio.

Grupo V: limpadora.

Os salarios refírense a unha xornada completa. No caso de que o contrato de traballo fose a tempo parcial, o salario será proporcional ás horas semanais contratadas, agás na escola de música, que xa figura establecido en función das horas contratadas na actualidade.

No caso do persoal que preste servicios como monitor de cursos, organizados polo concello e o seu salario sexa preciso establecelo en función das horas lectivas impartidas, este establecerase en función do tipo de curso, e nunca será inferior a 1.500 ptas./horas lectiva.

As pagas extraordinarias serán en xuño e decembro, por unha contía igual ó salario base.

ANEXO II

Persoal contratado laboral actual 1998.

GrupoS. baseComplementos

Incentivos

C.P.A.Total mesTotal anoObservaciónsOutros

I. Arquitecto/sociólogo155.23059.030214.2602.881.580
II. Arq. técnico131.74844.573176.3212.379.348
IV. Delineante80.30361.276141.5791.859.554
IV. Administrativo 2ª80.30359.433139.7361.837.438
IV. Aux. administrativo80.30357.600137.9031.815.442
V. Laceiro48.87342.69691.5691.196.57425 H
V. Limpadora (2p)73.31057.042130.3521.710.844
V. Conductor/pintor73.31063.830137.1401.792.300
V. Conserxe73.31059.377132.6871.738.864
S.P.A.D. (4)

GrupoS. baseComplementos

Incentivos

C.P.A.Total mesTotal anoObservaciónsOutros

I. Médico/psicólogo155.230141.375296.6053.869.720
II. Asis. social/educadora131.74896.766228.5143.005.664
IV. Aux. clínica/educadora80.30390.3363.732174.3712.253.058E
II. ATS84.31968.783153.1022.005.86224 H
II. Prof. lingua26.35019.35245.702601.1247,5 H
IV. Monitor M.17.13119.27279737.200480.662E8 H
Escola de música
I. Prof. S.82.78988.32227.330198.4412.546.870E-20 H
II. Prof. G.M.79.04989.6885.210173.9472.245.462E-22,5 H
III. Prof. G.M.70.26679.7224.604154.5921.995.636E-20 H
IV. Prof. G.M.28.10631.8901.84161.837798.256E-6/8 H
V. Limp.23.45910.73734.196457.27012 H
Outro persoal contratado laboral en xeral
I155.23059.030214.2602.881.580
II131.74844.573176.3212.379.348
III98.20960.206158.4152.097.398
IV80.30357.600137.9031.815.442
V73.31057.042130.3521.710.844

(1) CPA= CPTA: complemento persoal transitorio absorbible.

(2) Salarios referidos a contratos actuais a tempo parcial.

(3) O persoal contratado temporal percibirá ademais a correspondente indemnización por cesamento, rateado mensualmente a razón de 20 días do salario base por ano, conforme a seguinte fórmula mensual: S.Bx1,66

30

(4) Coordinación S.P.A.D.: 30.000 ptas./mes.

Nota: no caso de contratación a tempo parcial, o salario fixarase en función de 37,5 horas semanais.

ANEXO III

Persoal contratado laboral actual 1999.

GrupoS. baseComplementos

Incentivos

C.P.A.Total mesTotal anoObservaciónsOutros

I. Arquitecto/sociólogo155.23099.454254.6843.366.668
II. Arq. técnico131.74884.365216.1132.856.852
IV. Delineante80.30372.299152.6021.991.830
IV. Administrativo 2ª80.30371.155151.4581.978.102
IV. Aux. administrativo80.30370.017150.3201.964.446
V. Laceiro48.87346.45095.3231.241.62225 H
V. Limpadora (2p)73.31065.329138.6391.810.288
V. Conductor/pintor73.31069.542142.8521.860.844
V. Conserxe73.31066.778140.0881.827.676
S.P.A.D. (4)

GrupoS. baseComplementos

Incentivos

C.P.A.Total mesTotal anoObservaciónsOutros

I. Médico/psicólogo155.230150.565305.7953.980.000
II. Asis. social/educadora131.748116.760248.5083.245.592
IV. Aux. clínica/A

ux. adminis.

80.30390.3363.732174.3712.253.058E
II. ATS84.31978.980163.2992.128.22624 H
II. Prof. lingua26.35023.35149.701649.1127,5 H
IV. Monitor M.17.13119.27279737.200480.662E8 H
Escola de música
I. Prof. S.82.78988.32227.330198.4412.546.870E-20 H
II. Prof. G.M.79.04989.6885.210173.9472.245.462E-22,5 H
III. Prof. G.M.70.26679.7224.604154.5921.995.636E-20 H
IV. Prof. G.M.28.10631.8901.84161.837798.256E-6/8 H
V. Limp.23.45916.24039.699523.30612 H
Outro persoal contratado laboral en xeral
I155.23099.454254.6843.366.668
II131.74884.365216.1132.856.852
III98.20986.310184.5192.410.646
IV80.30370.017150.3201.964.446
V73.31065.329138.6391.810.288

(1) CPA= CPTA: complemento persoal transitorio absorbible.

(2) Salarios referidos a contratos actuais a tempo parcial.

(3) O persoal contratado temporal percibirá ademais a correspondente indemnización por cesamento, rateado mensualmente a razón de 20 días do salario base por ano, conforme a seguinte fórmula mensual: S.Bx1,66

30

(4) Coordinación S.P.A.D.: 30.000 ptas./mes.

Nota: no caso de contratación a tempo parcial, o salario fixarase en función de 37,5 horas semanais.

Estes salarios establecidos para 1999 incrementaranse nese mesmo ano e con efectos do 1 de xaneiro, no índice porcentual que se fixe de Orzamentos do Estado, como incremento salarial para o persoal ó servicio das administracións públicas.

10680