Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de diverso material informático para o organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo autónomo Augas de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: subministración de diverso material informático consistente en tres novos postos de traballo, un posto de desenvolvemento e ampliación do existente sistema de tratamento dixital de infraestructuras.

b) Lugar de entrega: o que se fixe no contrato que se subscribirá.

c) Prazo de entrega: un mes a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado.

Nove millóns duascentas noventa mil pesetas (9.290.000 ptas.)

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Garantía definitiva: trescentas setenta e unha mil seiscentas pesetas (371.600 ptas.).

7. Documentación de interese para os licitadores.

Poderá examinarse en días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia, sito no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

8. Presentación de proposicións.

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Admisión de variantes: admítense variantes.

c) Data límite de presentación: ás 14 horas, do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o citado día sexa inhábil, o prazo remataría ás 14 horas do seguinte día hábil.

d) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sito no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

9. Apertura das proposicións.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

b) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. No caso de que o citado día sexa inhábil, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día inhábil.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos do anuncio.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1998.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

10626