Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (Julio Estévez López e oito máis) devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se

relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Son advertidor de que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e a incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicarlla posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 6 de novembro de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Julio Estévez López.

Expediente: OR-83/430.

Conta nº 17.

Enderezo: r/ Río Salas, nº 2-3º E. 32630. Xinzo de Limia.

Importe da débeda: 674.713 ptas.

-Albino Ebra Dacal.

Expediente: OR-83/430.

Conta nº 28.

Enderezo: r/ Río Salas, nº 2-5º D. 32630. Xinzo de Limia.

Importe da débeda: 115.264 ptas.

-Mercedes Domarco Caldevilla.

Expediente: OR-83/400.

Conta nº 31.

Enderezo: Avda. Santiago, nº 125 - 4º Pta 4. 32001. Ourense.

Importe da débeda: 989.782 ptas.

-Juan José Vázquez Sotelo.

Expediente: OR-83/010.

Conta nº 3.

Enderezo: r/ Pablo Iglesias, nº 2-2º A.32004. Ourense.

Importe da débeda: 200.160 ptas.

-Carlos Rodríguez Conde.

Expediente: OR-81/020.

Conta nº 38.

Enderezo: Outeiro Grande, bloque D-8-1ºesquerda. 32570. Maside.

Importe da débeda: 124.741 ptas.

-Camilo González Nóvoa.

Expediente: OR-81/020.

Conta nº 16.

Enderezo: Outeiro Grande, bloque B-4, baixo. 32570. Maside.

Importe da débeda: 942.147 ptas.

-José Benito Rey González.

Expediente: OR-81/020.

Conta nº 41.

Endrezo: Outeiro Grande, bloque E-9, baixo. 32570. Maside.

Importe da débeda: 439.992 ptas.

-José Luis Alfonso Suárez López.

Expediente: OR-83/010.

Conta nº 89.

Enderezo: r/ Pablo Iglesias, nº 3-7º C. 32004. Ourense.

Importe da débeda: 2.016.472 ptas.

-Teresa Lemos Sanemeterio.

Expediente: OR-83/010.

Conta nº 92.

Enderezo: rúa Pablo Iglesias, nº 3-10º C. 32004. Ourense.

Importe da débeda: 607.762 ptas.

10627