De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións crean convenientes en defensa dos seus intereses e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Ourense, 12 de novembro de 1998.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente nº: E.S. OU-24/1998.
Responsable: Luis Jiménez Camacho.
Enderezo: rúa do Vinteún, bloque 5, portal 1, planta 1ºA. Ourense.
Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.
Infracción: grave (Art. 5.c da Lei 13/1996).
Sanción proposta: 100.001 ptas. de multa.
Expediente nº: E.S. OU-27/1998.
Responsable: Ricardo Nóvoa Gutiérrez.
Enderezo: estrada de Vigo, bloque II-6ºC. Ourense.
Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.
Infracción: grave (Art. 5.c. da Lei 13/1996).
Sanción proposta: 100.001 ptas. de multa.
Expediente nº: E.S. OU-28/1998.
Responsable: Purificación Rodríguez Blanco.
Enderezo: rúa D, estrada de Vigo, nº 1-1ºB. Ourense.
Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.
Infracción: grave (Art. 5.c. da Lei 13/1996).
Sanción proposta: 100.001 ptas. de multa.
10865

