1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) Edificio Administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 67. Fax: 981 54 27 62.
2. Modalidade de adxudicación: concurso público.
3. a) Lugar de entrega da subministración: diversos centros de saúde.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: moblaxe xeral, cadeiras, moblaxe clínica e aparellos para diversos centros de saúde. (Catro lotes).
Orzamento total: setenta e sete millóns novecentas noventa e tres mil novecentas pesetas, IVE incluído (77.993.900 pesetas).
Lote nº 1: moblaxe xeral. 24.553.900 pesetas.
Lote nº 2: cadeiras. 19.774.000 pesetas.
Lote nº 3: moblaxe clínica. 15.493.500 pesetas.
Lote nº 4: aparellos. 18.172.500 pesetas.
Total de licitación: 77.993.900 pesetas IVE incluído.
Ano 1999 (77.993.900 pesetas, IVE incluído).
A adxudicación do contrato queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1999.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade de cada lote. Non se admite a presentación de variantes.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo de entregas parciais, que se adaptarán ás datas de finalización das obras dos centros de saúde.
5. a) Nome e dirección do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 4 de xaneiro de 1999.
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 11 de xaneiro de 1999.
b) Enderezo á que deben dirixirse: ver punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
8. Fianzas e garantías esixidas:
Provisional:
Lote nº 1: 491.078 pesetas.
Lote nº 2: 395.480 pesetas.
Lote nº 3: 309.870 pesetas.
Lote nº 4: 363.450 pesetas.
Licitando ós catro lotes: 1.559.878 pesetas.
9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 1999.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:
1. Deseño, calidade e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.
2. Prezo ofertado: ata 3 puntos.
3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.
14. Se é o caso, prohibición de variantes. Non se admite a presentación de variantes.
15. Información complementaria.
16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio da información previa ou mención da súa non publicación.
17. Data de envio do anuncio: 20 de novembro de 1998.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidade Europeas (reservado OPOCE).
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos
11041

