O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de outubro de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación número 48 (UA-48) na parcela do Balneario de Arteixo, promovido por Pablo Diego Mosquera Calvete, C.B. e redactado polos arquitectos Ramón P. Quiroga Álvarez e X. Alfonso Quiroga Berdeal.
Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais acccións que se consideren convenientes.
(Expediente 11/1996.UA).
Arteixo, 13 de novembro de 1998.
Manuel Pose Miñones
Alcalde
10916

