Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 12 de novembro de 1998, prestou aprobación definitiva á modificación puntual das NNSS na zona do Bodión para a creación de solo industrial.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso Contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio por última vez no BOP ou no DOG.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle previamente ó Concello de Boiro, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Boiro, 23 de novembro de 1998.

Manuel López Outeiral

O Primeiro tenente de alcalde

10592