Cumprindo o disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, faise público que a Comisión de Goberno do concello, na sesión celebrada o 6 de novembro de 1998, lles adxudicou as seguintes obras ás empresas que se relacionan:
-Primeira fase do auditorio de Quiroga, polo importe de noventa e catro millóns (94.000.000) de ptas. á agrupación temporal de empresas Puentes e Cal
zadas Empresa Constructora, S.A.-Construccións e Promoción Coprosa, S.A.
-Primeira fase do proxecto de urbanización na unidade de xestión UGA C1, polo importe de quince millóns (15.000.000) de ptas. a Construccións David.
-Estrada de Campos de Vila a Pacios da Serra polo importe de setenta millóns corenta e oito mil catrocentas trinta e sete (70.048.437) pesetas a Ovisa, S.A.
-Mellora do contorno medioambiental das piscinas polo importe de corenta e un millóns trescentas corenta e dúas mil setecentas oitenta e catro (41.342.784) pesetas a Acoval, S.A.
Quiroga, 12 de novembro de 1998.
O alcalde
Rubricado
11058

