Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada) para a adquisición de recipientes para mostra e residuo. (C.P. 6/99).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: adquisición de recipientes para mostra e residuo.

Orzamento: 17.505.000 ptas.

Garantía provisional: 350.100 ptas.

Lote 1: bolsa Recol. Aspir. 2 l s/v branco, c/v azul.

Orzamento: 5.136.000 ptas.

Garantía provisional: 102.720 ptas.

Lote 2: bolsa drenaxe T/draina pequena.

Orzamento: 516.000 ptas.

Garantía provisional: 10.320 ptas.

Lote 3: bolsa recambio drenaxe T/exudrain.

Orzamento: 648.000 ptas.

Garantía provisional: 12.960 ptas.

Lote 4: kit de parecentese.

Orzamento: 1.110.000 ptas.

Garantía provisional: 22.200 ptas.

Lote 5: contedor de ouriños estéril 50 ml.

Orzamento: 2.160.000 ptas.

Garantía provisional: 43.200 ptas.

Lote 6: kit de recollida de ouriños.

Orzamento: 1.653.000 ptas.

Garantía provisional: 33.060 ptas.

Lote 7: Sist. drenaxe Torác. multicameral.

Orzamento: 5.238.000 ptas.

Garantía provisional: 104.760 ptas.

Lote 8: bote boca larga 100, 250, 500, 1000 e 2000 graduado.

Orzamento: 1.044.000 ptas.

Garantía provisional: 20.880 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación anticipada.

Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas, e se é o caso, a partir dos 15 días seguintes á sinatura do contrato.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural

contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxuducatario do contrato.

A Coruña, 23 de novembro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

11141