Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión do 19 de novembro de 1998, a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana entre as Casas Baratas e o campo de fútbol coa finalidade de incluír unha reserva de solo para edificar vivendas de protección oficial, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo ser examinada a documentación durante o devandito período e formula-las alegacións e reclamacións que se coiden pertinentes.
Celanova, 20 de novembro de 1998.
O alcalde
Rubricado
10488

