Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Aprobado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30-10-1998, o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerá no concurso público, con procedemento aberto, para a adquisición de terreos con destino á construcción de instalacións deportivas en Espasante, exponse ó público polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Asemade, publícase o seguinte anuncio de licitación, aínda que esta quedará aprazada cando

sexa necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Anuncio de concurso.

Obxecto: adquisición de doce mil metros cadrados (12.000 m) de terreo con destino á construcción de instalacións deportivas en Espasante.

Situación dos terreos: polígono catastral 13, ó lugar Vermellal sito na parroquia de Espasante, do concello de Ortigueira.

Orzamento: mil pesetas metro cadrado (1.000 ptas./m), á baixa.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de vinteseis naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 12 de novembro de 1998.

Jesús Varela Martínez

Alcalde

10489