Aprobado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30-10-1998, o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerá no concurso público, con procedemento aberto, para a adquisición dun local con destino á instalación dunha escola-obradoiro de formación profesional ocupacional, exponse ó público polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Asemade, publícase o seguinte anuncio de licitación, aínda que esta quedará aprazada cando sexa necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
Anuncio de concurso.
Obxecto: adquisición dun local con destino a instalación dunha escola-obradoiro de formación profesional ocupacional.
Clase do inmoble, situación e superficie: poderán ofertarse garaxes, almacéns, naves e similares. O inmoble ofertado deberá estar situado no núcleo urbano da vila de Santa Marta de Ortigueira e deberá ter, como mínimo, trescentos metros cadrados (300 m) de superficie, e tres metros e cincuenta centímetros (3,50 m) de altura.
Orzamento: noventa mil pesetas metro cadrado (90.000 ptas./m), á baixa.
Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Ortigueira, 12 de novembro de 1998.
Jesús Varela Martínez
Alcalde
11167

