O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 27 de abril de 1998, aprobou definitivamente o plan parcial do solo urbanizable programado SUP-2 en Cornes, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.
De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do plan parcial definitivamente aprobado no BOP número 244, do 24 de outubro de 1998.
Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1998.
O alcalde
Rubricado
11168

