Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto.

Obxecto: asistencia á Deputación para o acondicionamento e mantemento da ETAP de Sabón (A Coruña).

Orzamento: 12.000.000 ptas.

Garantía provisional: 200.000 de ptas.

Prazo de execución: oito meses contados desde a formalización do contrato en documento administrativo.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de decembro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

11140