No BOP de Ourense, do día de hoxe, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00, e fax: 988 38 51 84.
Relación de obras:
1. Ribadavia. Construcción de pavillón polideportivo cuberto. Proxecto técnico do arquitecto Ildefonso Estévez Martínez, con orzamento de contrata de 75.000.000 de ptas. e prazo de execución de 9 meses, que se executará en 1998 e 1999. Clasificación esixida: grupo C. Tódolos subgrupos. Categoría C.
Ourense, 30 de novembro de 1998.
O presidente
Rubricado

