No BOP da Coruña número 260, con data do 12 de novembro de 1998, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Valdoviño para a provisión da seguinte praza:
Un arquitecto superior, funcionario, encadrado na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A para prover polo sistema de concurso-oposición acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no citado BOP e no taboleiro de anuncios do concello.
Valdoviño, 13 de novembro de 1998.
Elisa Carrido Cantarero
Alcaldesa
11152

