Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.420

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 3 de decembro de 1998, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, pola que se fai pública a relación de contribuíntes que se citan para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co que se establece no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e por non ser posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da A.E.A.T. de Galicia, sita en la r/Comandante Fontáns, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: E.T.T.A.A.M, S.A.

C.I.F.: A-15073166.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recaudatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da A.E.A.T. en Galicia. r/ Comandante Fontáns, 10-5ª (A Coruña).

A Coruña, 3 de decembro de 1998.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

11295