Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.425

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de decembro de 1998 pola que se designa a Xermán García Cancela secretario da Comisión de Toponimia.

Visto o Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia, e en virtude das atribucións que me confire o artigo 3, punto g) do antedito decreto,

DISPOÑO:

Designar a Xermán García Cancela, secretario da Comisión de Toponimia conforme o establecido no artigo 3, punto g) do Decreto 174/1998, do 5 de xuño, polo que se modifica o Decreto 43/1984, do 23 de marzo, polo que se regulan as funcións e a composición da Comisión de Toponimia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

11388