Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.425

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1998 pola que se nomea xerente da Universidade da Coruña a Víctor Manuel Cabrera Sánchez.

En virtude do establecido no artigo 65.1º h) dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Decreto 253/1992, da Xunta de Galicia, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), este rectorado, oído o consello social,

RESOLVE:

Nomear a Víctor Manuel Cabrera Sánchez xerente desta universidade, con efectos do 3 de decembro de 1998.

A Coruña, 3 de decembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

11484