A disposición primeira da Orde do 30 de xaneiro de 1998 (DOG nº 22, do martes 3 de febreiro), modificada parcialmente pola do 30 de novembro do mesmo ano (DOG nº 234, do 2 de decembro) establece que a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá conceder axudas económicas por razón de interese social ou humanitario, por un importe de 18.750.000 ptas., con cargo á aplicación orzamentaria 04.09.121A.480.0.
Desde o 4 de febreiro, data da súa entrada en vigor, ata o 31 de outubro de 1988, a cantidade de solicitudes recibidas é significativamente superior ás dos anos anteriores, incremento que afecta especialmente á modalidade de interese humanitario nas que o fundamento destas axudas é o de paliar feitos imprevisibles de urxente atención, nos que os seus destinatarios requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos. Todo iso aconsella unha ampliación da cantidade que para o ano 1998 ten establecida a Consellería da Presidencia e Administración Pública, polo que, en uso das atribucións
que teño conferidas, e tendo en conta a existencia de crédito axeitado e suficiente,
DISPOÑO:
Primeiro.-A cantidade establecida na disposición primeira da Orde do 30 de xaneiro de 1998, modificada parcialmente pola do 30 de novembro do mesmo ano amplíase nunha contía de 2.000.000 de ptas. co que a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá conceder axudas económicas por razón de interese social e humanitario por un importe de 20.750.000 ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.09.121A.480.0, xa que existe crédito suficiente na partida indicada nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 1998.
Disposición derradeira
A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1998.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
11189

