O Plan Galego de Estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma de Galicia. Para o seu desenvolvemento e a súa execución, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, aprobará un programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural, conforme establece o artigo 9 da citada lei.
O obxecto deste decreto é aproba-lo Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, para dar continuidade á execución do Plan Galego de Estatística 1998-2001, iniciada co Decreto 472/1997, do 12 de decembro, polo que se aproba o Programa Estatístico da Comunidade Autónoma galega para 1998.
En virtude de todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 46.2º da citada Lei 9/1988, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Galego de Estatística e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na reunión do día vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Apróbase o Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999. Este pro
grama está integrado polo conxunto das actividades estatísticas recollidas no anexo do presente decreto.
Artigo 2º
As actividades estatísticas incluídas neste programa están sometidas ás seguintes regras xerais:
a) A súa execución farase con criterios obxectivos e de conformidade cos principios científicos que aseguren a súa corrección técnica.
b) Cumprirán algún obxectivo operativo de información, instrumental ou de colaboración institucional contido no Plan Galego de Estatística 1998-2001.
c) Manterán o segredo estatístico no que respecta a datos individuais utilizados nas ditas actividades.
d) Os resultados e productos estatísticos obtidos difundiranse adecuadamente.
Artigo 3º
As actividades estatísticas incluídas neste programa están sometidas ás seguintes regras específicas:
a) Deberán explicita-lo obxectivo operativo do plan estatístico ó que fai referencia a actividade.
b) Designarán o organismo responsable de executa-la actividade.
c) Determinarán as persoas físicas ou xurídicas e os entes de dereito público obrigados a subministra-la información requirida.
d) Establecerán o prazo no que os resultados estarán dispoñibles para a súa difusión.
e) Designarán o organismo obrigado a difundi-los resultados da actividade estatística.
f) Establecerán o orzamento estimado destinado á realización da actividade estatística.
Artigo 4º
O Instituto Galego de Estatística, como organismo responsable da elaboración do Plan Galego de Estatística e os programas estatísticos anuais, coordinará a execución do presente programa e levará a cabo cantas actuacións sexan necesarias en cumprimento do artigo 30 da Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan Galego de Estatística 1998-2001.
Disposición adicional
As actividades estatísticas incluídas no presente programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o titular da Consellería de Economía e Facenda para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución da presente norma.
Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999.
Santiago de Compostela, vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda
ANEXO
Actividades estatísticas, recollidas na Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan Galego de Estatística 1998-2001 e incluídas no Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.
Obxectivos operativos de información relativos a operacións estatísticas en curso
1. Área de estatísticas demográficas.
2. Nome: estructura da poboación.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-los cambios na estructura da poboación de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
3. Nome: movemento natural da poboación: nacementos.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-lo número e as características dos nacementos ocorridos en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
4. Nome: movemento natural da poboación: defuncións.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-lo número e as características das defuncións ocorridas en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
5. Nome: movemento natural da poboación: matrimonios.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-lo número e as características dos matrimonios celebrados en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
6. Nome: movementos migratorios. Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-lo número e as características das migracións ocorridas en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
2. Área de estatísticas sociolaborais, culturais e medioambientais.
a) Estatísticas sociolaborais.
8. Nome: enquisa de poboación activa en Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: explotar exhaustivamente e difundir trimestralmente os datos sobre a enquisa de poboación activa en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
9. Nome: mercado de traballo en Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: elaborar información de síntese sobre o mercado de traballo en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
b) Estatísticas de educación, cultura e investigación.
10. Nome: directorio de centros de ensino privado.
Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Obxectivo: identifica-lo enderezo e as demais características dos centros de ensino privado en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
c) Estatísticas sanitarias.
12. Nome: análise da mortalidade en Galicia.
Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Obxectivo: coñece-la mortalidade en Galicia e as súas causas.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: prazo medio.
3. Área de estatísticas económicas.
a) Estatísticas básicas.
13. Nome: enquisa de bovino.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la producción, a man de obra, os custos e os ingresos das explotacións de ruminantes en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
14. Nome: censo da flota pesqueira.
Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Obxectivo: coñece-la estructura da flota pesqueira galega.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
15. Nome: comercio exterior de Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-los fluxos de mercadorías de Galicia co estranxeiro segundo as nomenclaturas arancelarias e de actividade económica.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
16. Nome: intercambio de mercadorías co norte de Portugal.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-los fluxos de mercadorías de Galicia co norte de Portugal.
Grao de dificultade: moi complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
17. Nome: estatística de edificación e vivenda.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la actividade do sector de edificación e vivenda.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
18. Nome: directorio de aloxamentos hoteleiros.
Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización territorial dos centros de aloxamento hoteleiro.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
19. Nome: directorio de casas de turismo rural.
Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización territorial das casas de turismo rural en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
b) Estatísticas de síntese.
20. Nome: macromagnitudes agrarias.
Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector agrario en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
21. Nome: contas do sector pesqueiro.
Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector pesqueiro en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
22. Nome: contas da industria agroalimentaria.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes da industria agroalimentaria en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
24. Nome: contas das administracións públicas galegas.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la actividade económica do sector público de Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
25. Nome: contas económicas de Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la actividade económica de Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
26. Nome: táboa input-output de Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-las relacións intersectoriais da economía de Galicia.
Grao de dificultade: moi complexo.
Custo estimado: extraordinario.
Dispoñibilidade: prazo longo.
c) Estatísticas de conxuntura.
27. Nome: producción e prezos do leite.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la evolución da cantidade entregada polos productores de leite e a evolución do prezo percibido por estes.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: alto.
Dispoñibilidade: inmediata.
28. Nome: prezos agrarios.
Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
Obxectivo: seguimento da evolución dos prezos percibidos e pagados polos agricultores.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: inmediata.
29. Nome: índice de producción industrial.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la evolución da actividade industrial en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
30. Nome: enquisa continua de ocupación hoteleira.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-lo número de viaxeiros aloxados en hoteis e hostais, as pernoitas e o grao de ocupación.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
31. Nome: informe da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.
Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.
Obxectivo: coñece-los principais resultados económico-financeiros da execución orzamentaria da Administración xeral da Comunidade Autónoma.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
32. Nome: recadación de tributos cedidos.
Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.
Obxectivo: coñece-la evolución da recadación por tributos cedidos na Comunidade Autónoma.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
33. Nome: contabilidade trimestral de Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la evolución trimestral das principais macromagnitudes da economía de Galicia a través dunha síntese dos indicadores máis significativos.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
4. Área de difusión.
34. Nome: anuario de estatísticas agrarias.
Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
Obxectivo: difundir nunha única fonte de consulta a información estatística máis relevante sobre o sector agrario en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
35. Nome: Galicia en cifras.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: difundi-la información básica de carácter demográfico, social e económico de Galicia, con ordenación temática e sistemática.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
36. Nome: anuario Galicia-rexión norte de Portugal.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística e Dirección Rexional INE Norte de Portugal.
Obxectivo: difundi-la información básica de carácter demográfico, económico e social de forma comparable para ámbolos territorios.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
37. Nome: atlas de empresas Galicia-rexión norte de Portugal.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística e Dirección Rexional INE Norte de Portugal.
Obxectivo: difundir de forma gráfica a localización das empresas en ámbolos territorios, por ramas de actividade.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
38. Nome: boletín trimestral de indicadores de conxuntura.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: difundi-las principais series de indicadores sobre a economía de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
39. Nome: difusión por Internet.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: subministrarlle ó público un volume elevado de datos mediante un servidor en Internet.
Grao de dificultade: moi complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
Obxectivos operativos de información relativos a operacións estatísticas de nova implantación
2. Área de estatísticas sociolaborais, culturais e medioambientais.
a) Estatísticas sociolaborais.
40. Nome: rexistro de ofertas e demandas de traballo.
Organismo responsable: Consellería da Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Obxectivo: coñece-lo número e as características das ofertas e demandas de traballo realizadas a través do Servicio Galego de Colocación.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
41. Nome: folgas e peches patronais.
Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Obxectivo: obter información sobre as folgas e os peches patronais en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
45. Nome: sinistralidade laboral.
Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Obxectivo: coñece-la incidencia da sinistralidade laboral en Galicia a través dos comunicados das mutuas laborais ós centros de seguridade e hixiene no traballo e as condicións de saúde no traballo.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
46. Nome: eleccións sindicais.
Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Obxectivo: coñecer de forma detallada os resultados das eleccións sindicais en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
47. Nome: directorio de sociedades cooperativas e de sociedades anónimas laborais.
Organismo responsable: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das sociedades cooperativas e anónimas laborais en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
49. Nome: directorio das oficinas de información xuvenil e para o emprego.
Organismo responsable: Consellería de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Obxectivo: coñece-la localización, o número e as características desas dependencias.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
51. Nome: afiliacións á Seguridade Social.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-las variacións de afiliación á Seguridade Social.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
52. Nome: estatística de pensións e outras prestacións.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-la estructura e as características das pensións e outras prestacións sociais.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
b) Estatística de educación, cultura e investigación.
55. Nome: directorio de centros de ensino público.
Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos centros de ensino público de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
56. Nome: mapa do sistema educativo non universitario.
Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema educativo non universitario de Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
57. Nome: mapa do sistema universitario de Galicia.
Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Obxectivo: coñece-las características e a evolución do sistema universitario de Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
58. Nome: estatística do gasto público en educación.
Organismo responsable: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Obxectivo: coñece-las principais características do gasto público en educación.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
59. Nome: directorio de bibliotecas.
Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das bibliotecas de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
61. Nome: directorio de cines e teatros.
Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos cines e teatros de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
62. Nome: directorio de fundacións e de asociacións.
Organismo responsable: Consellería de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Obxectivo: coñece-la localización, o número, a estructura e as características desas institucións.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
63. Nome: carné xove.
Organismo responsable: Consellería de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Obxectivo: coñece-lo número e as características dos usuarios deste carné e das súas familias (idade, nivel de estudios, localización, etc.).
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
c) Estatísticas sanitarias.
65. Nome: directorio de establecementos sanitarios.
Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos establecementos sanitarios de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
66. Nome: estatística de establecementos sanitarios en réxime de internado.
Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Obxectivo: coñece-las principais características dos establecementos sanitarios en réxime de internado en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
67. Nome: enfermidades de declaración obrigatoria.
Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Obxectivo: coñece-la incidencia en Galicia das enfermidades infecciosas.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
68. Nome: morbilidade hospitalaria.
Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Obxectivo: coñece-la morbilidade atendida nos hospitais de Galicia en función do diagnóstico definitivo ou de saída e determina-la estadía media en hospital por tipo de diagnóstico.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo medio.
69. Nome: estructura do sector sanitario.
Organismo responsable: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Obxectivo: coñece-la estructura do sector sanitario.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: prazo medio.
d) Indicadores sociais e condicións de vida.
71. Nome: enquisa de condicións de vida das familias.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-los datos básicos sobre a evolución das situacións de familia, residencia e vivenda e de formación, actividade e coñecemento e uso do idioma galego, experimentadas pola poboación de Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: alto.
Dispoñibilidade: prazo medio.
72. Nome: directorio de centros de infancia, de menores, da xuventude e da muller.
Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Obxectivo: coñece-la localización, o número, a estructura e as características desas institucións.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
73. Nome: estatística de familias numerosas.
Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc., deste colectivo.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
74. Nome: estatística de adopcións e acollementos.
Organismo responsable: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventud.
Obxectivo: coñece-la composición, a localización, o número, a situación profesional, o nivel de estudios, etc., destas familias.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
e) Estatísticas medioambientais.
76. Nome: incendios forestais.
Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.
Obxectivo: coñece-lo número e a superficie afectada polos incendios forestais en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
3. Área de estatísticas económicas.
a) Estatísticas básicas.
78. Nome: censo de maquinaria agraria.
Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
Obxectivo: coñece-las características e a evolución dos parques de maquinaria agraria.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
79. Nome: censo de explotacións gandeiras galegas.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-las características e o número de explotacións gandeiras galegas.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
80. Nome: estatística de permisos de explotacións de marisqueo e acuicultura.
Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Obxectivo: coñece-lo número, as características e a duración das autorizacións para exercer estas actividades agrícolas.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
85. Nome: directorio de cámpings.
Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización dos cámpings de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
86. Nome: directorio de axencias de viaxe.
Organismo responsable: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Obxectivo: coñece-la estructura e a localización das axencias de viaxe en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
87. Nome: estatística de gasto do turismo que pasa a noite en establecementos hoteleiros.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-lo gasto efectuado por este tipo de turismo.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: prazo curto.
b) Estatísticas de síntese.
91. Nome: contas económicas do sector industrial.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector industrial en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
92. Nome: contas económicas da enerxía.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñece-las principais macromagnitudes do sector enerxético en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
93. Nome: análise económico-financeira das corporacións galegas.
Organismo responsable: Consellería de Economía e Facenda.
Obxectivo: coñece-la estructura económico-financeira das corporacións locais galegas a través dos orzamentos e das liquidacións orzamentarias.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
94. Nome: indicadores de renda municipal.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: coñecer mediante indicadores a evolución económica dos concellos de Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: prazo medio.
c) Estatísticas de conxuntura.
95. Nome: avance de superficies e producción agrarias.
Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
Obxectivo: obter estimacións sobre as superficies sementadas e as principais produccións agrarias.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
96. Nome: estatística de sacrificio de gando.
Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
Obxectivo: coñece-lo volume mensual da carne sacrificada das principais especies gandeiras.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
97. Nome: licencias de cortas de madeira.
Organismo responsable: Consellería de Medio Ambiente.
Obxectivo: coñece-lo volume de cortas de madeira autorizadas en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
98. Nome: prezos da terra.
Organismo responsable: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
Obxectivo: medi-la evolución dos prezos da terra de usos agrarios.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
99. Nome: pesca: estatística de vendas en primeira comercialización.
Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Obxectivo: coñece-lo volume e o valor da pesca comercializada a través das lonxas galegas.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
101. Nome: índice de vendas de comercio retallista.
Organismo responsable: Consellería de Industria e Comercio.
Obxectivo: coñece-la evolución temporal das vendas no comercio retallista.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
4. Área de difusión.
103. Nome: datos básicos de Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: dar a coñece-los datos mais salientables de Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
105. Nome: anuario de pesca.
Organismo responsable: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Obxectivo: difundir nunha única fonte de consulta a información estatística máis relevante sobre o sector pesqueiro en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
106. Nome: recadación por tributos. Galicia.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: difundi-los resultados da recadación por tributos en Galicia.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
111. Nome: biblioteca do Instituto Galego de Estatística.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: poñer á disposición dos distintos usuarios os fondos documentais do Instituto Galego de Estatística.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
112. Nome: boletín de actualidade estatística.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: dar a coñece-la información publicada, a dispoñible e a de próxima publicación polo IGE.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
113. Nome: memoria anual de actividades do Instituto Galego de Estatística.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: realizar un balance sobre a actividade realizada polo Instituto Galego de Estatística durante o ano.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
Obxectivos operativos instrumentais
5. Área de metodoloxía, formación e organización.
114. Nome: documentación técnica de operacións estatísticas.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: sistematiza-la documentación técnica de operacións estatísticas.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
115. Nome: aproveitamento estatístico dos rexistros administrativos.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: potencia-lo aproveitamento estatístico da información de orixe administrativa de Galicia, subministrando a asistencia técnica necesaria para a súa correcta utilización estatística.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: prazo medio.
116. Nome: elaboración de mostras estatísticas.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: profundar no estudio da estatística matemática e as súas aplicacións concretas ó deseño de mostras estatísticas e na súa análise.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
117. Nome: deseño de cuestionarios.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: facilita-la aplicación de criterios de idoneidade técnica dos cuestionarios, subministrando o apoio técnico e metodolóxico necesarios co fin de preserva-la súa corrección.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
118. Nome: análise de necesidades estatísticas e elaboración dos programas anuais.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: estudiar e concreta-lo cumprimento dos obxectivos do plan estatístico.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
119. Nome: seguimento do plan estatístico e dos programas anuais.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: supervisa-lo cumprimento dos compromisos adquiridos polas distintas institucións en virtude do plan estatístico e dos programas anuais que o desenvolven.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
120. Nome: formación en procedementos estatísticos.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: organizar programas de formación, cursos e activi dades orientadas á reciclaxe do persoal estatístico en técnicas e métodos estatísticos.
Grao de dificultade: sinxelo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
122. Nome: sistema automático de imputación de datos.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: homoxeneiza-lo tratamento de respostas anómalas e de falta de resposta nas enquisas estatísticas, co fin de reduci-los custos de depuración e validación dos datos.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: prazo medio.
123. Nome: bases de datos.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: creación e mantemento de bases de datos estatísticos para o seu uso interno, automatización de publicacións e alimentación dos servicios de difusión telemática.
Grao de dificultade: moi complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: inmediata.
124. Nome: adaptación de sistemas de información xeográfica.
Organismo responsable: Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.
Obxectivo: facilita-la obtención, a xestión, a manipulación, a análise, o modelado, a representación e a saída de datos referenciados espacialmente para resolver problemas complexos de planificación e xestión.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moderado.
Dispoñibilidade: prazo medio.
125. Nome: colaboración estatística con centros de investigación.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: promove-la colaboración institucional cos centros de investigación radicados en Galicia.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo curto.
126. Nome: adaptación ó SEC/95.
Organismo responsable: Instituto Galego de Estatística.
Obxectivo: adapta-los sistemas de estimación de macromagnitudes ó marco metodolóxico do sistema europeo de contas na súa revisión de 1995.
Grao de dificultade: complexo.
Custo estimado: moi baixo.
Dispoñibilidade: prazo medio.
10837

