Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.436

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da Comisión Mixta Paritaria prevista no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento, para a corrección de erros.

Visto o texto do acordo asinado o día 26 de outubro de 1998, pola Comisión Mixta Paritaria prevista no convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, integrada polas representacións da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (CAPEC) e das centrais sindicais Femca-UGT (27,3%), Fecoma-CC.OO. (45,5%), USO (18,2%) e CIG (9,1%), mediante o que se acorda a emenda de erros no texto do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no Rexistro de Convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do devandito acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de novembro de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por Femca-UGT co 27,3%:

Adolfo Mosteirín Turia

Por Fecoma-CC.OO. co 45,5%:

Jesús Varela Lodeiro

Por USO co 18,2%:

Carmen Arias Río

Por CIG co 9,1%:

Ignacio Javier García Gómez

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada

Miguel Varela Varela

Ricardo Castro López

José Juan Meijide Calvo

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez

Na cidade de Lugo e na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, sita na Avda. das Américas, 15-17 entresollado, reúnense os integrantes da comisión mixta paritaria do convenio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo relacionados arriba, ás 20 horas do día 26 de outubro, logo de convocatoria cursada para o efecto, co obxecto de proceder a corrixi-los erros de transcrición detectados no citado convenio publicado no BOP de Lugo, nº 209, do 11-9-1998.

Aberta a sesión adóptanse os seguintes acordos:

1. Corrección do punto 4.6 do artigo 32 Outras modalidades de contratación, do convenio provincial de comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo, que queda redactado:

A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos, sen prexuízo do establecido no punto 4.10.

2. Autoriza-la letrada Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación da presente acta.

E, en proba de conformidade, asinan a presente acta os integrantes da comisión mixta paritaria, no lugar e data indicados no encabezamento.

10804