Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aguas de Fontenova, S.A. (código nº 3200022) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo delegado de pesoal, na xuntanza celebrada o día 11-11-1998 e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 18 de novembro de 1998.
José Lage Lage
Delegado provincial de Ourense
Convenio colectivo para empresa
Agua de Fontenova, S.A. Verín (Ourense) para o ano 1998
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.
As disposicións incluídas no presente convenio regularán desde a súa entrada en vigor, a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establezan entre a empresa Agua de Fontenova, S.A. e o seu persoal.
Artigo 2º.-Ámbito persoal.
Estará afectado polo presente convenio o persoal da empresa incluído no artigo 1º, agás as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.
Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.
A duración deste convenio será de 12 meses, comezando os seus efectos económicos o día 1 de xaneiro de 1998 e rematando a súa vixencia o 31 de decembro de 1998.
O convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano se non fose denunciado por calquera das partes con tres meses de antelación, polo menos ó remate da súa vixencia e permanecerá vixente o texto, ata a sinatura dun novo.
As condicións de denuncia serán as que determina o artigo 89 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
Excepcionalmente, acórdase que este convenio dispoña como prazo para a súa denuncia ata o día 31 de decembro de 1998.
O incremento de salarios para 1998 queda pactado como a seguir se detalla:
a) A empresa aumentará un 2,4% sobre tódolos conceptos retributivos, que fará efectivo a partir da data da sinatura deste convenio, aboando os atrasos con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 1998.
b) A empresa aumentará un 0,4%, a maiores, sobre tódolos conceptos retributivos que fará efectivo co devengo da paga do mes de decembro de 1998, aboando os atrasos con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 1998.
c) A representación legal dos traballadores/as acepta estudiar para o futuro que o incremento establecido no parágrafo anterior se poida condicionar á productividade da empresa.
No caso de que o IPC oficial de 1998, o 31 de decembro de 1998 fose superior ó (dous con oito) 2,8%, revisaranse os salarios na súa diferencia e actualizaranse as táboas salariais de 1998, aboándolles ós operarios os atrasos correspondentes.
Artigo 4º.-Compensación e absorción.
As melloras resultantes do presente convenio serán compensadas e absorbidas ata onde chegue o cómputo anual, con aquelas outras que puidesen establecerse por disposición legal ou que tivera establecidas a empresa, agás que expresamente se pacte o contrario.
Artigo 5º.-Comisión paritaria.
Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constitúese unha comisión mixta composta polos/as vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.
Clasificación do persoal-
Artigo 6º
Por disposicións legais obrigatorias e por necesidades das empresas, faise necesario crear e definir novas categorías:
-Técnico titulado de laboratorio: é o que con título facultativo oficial realiza as funcións de analista de control de calidade, con responsabilidade dependendo directamente da dirección da empresa.
-Laborante: é o productor experto en análises de traballo de laboratorio, que sen título facultativo leva
a cabo as devanditas funcións ou como auxiliar do técnico titulado.
-Capataz: é o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas ás que dirixe e orienta na execución dos traballos dun determinado servicio.
-Peón: é o operario que executa labores para a realización dos cales se require predominantemente esforzo físico, sen necesidade de práctica operativa ningunha. Esta categoría só poderá aplicárselle ó persoal contratado por temporada para carga e descarga, e non ó ingresado como fixo de cadro de persoal, como operario de embotallamento.
Xornada de traballo e vacacións.
Artigo 7º
A xornada de traballo establécese en trinta e nove horas semanais de luns a venres.
A xornada de traballo máxima legal para 1998 será de 1.770 horas /anuais, distribuídas de luns a venres en cómputo semanal de trinta e nove horas, cos días máximos anuais que resulten.
O persoal de distribución e reparto, mentres estea adscrito a estes traballos, poderá ser excluído da xornada normal, sempre que de común acordo coa empresa se fixen as compensacións económicas para posibles variacións de xornada, tendo en conta as especiais características que presente a distribución e o reparto.
Artigo 8º
As vacacións anuais consistirán no desfrute de 30 días naturais. O salario que se percibirá durante o período de vacacións será o real estipulado no presente convenio. Todo o persoal poderá desfrutar dun período de 15 días de vacacións durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Atenderase sempre á producción e á consideración da dirección, non podendo desfrutar máis de 4 productores as vacacións á vez, resultando un total de 8 productores por cada mes sinalado.
Retribucións.
Artigo 9º
A retribución convida constará de:
-Salario base.
-Complementos salariais.
Os traballadores/as que teñan que acudir ó médico especialista da Seguridade Social, terán dereito ó percibo do seu salario, polo tempo que dure o dito desprazamento.
Artigo 10º.-Salario base.
O salario base será o que se especifica na táboa de salarios anexa.
Artigo 11º.-Antigüedade.
Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios ó 4% sobre o salario base.
Artigo 12º.-Plus de carencia de incentivos.
Establécese o devengo do plus de carencia de incentivos, como prima de productividade e asistencia.
O plus de carencia de incentivos consistirá no percibo por cada traballador individualmente e por día efectivamente traballado, das cantidades que constan na táboa de salarios do presente convenio por este concepto.
Artigo 13º.-Sistema de incentivos.
A empresa poderá establecer calquera outro sistema de incentivos á producción, que non poderán ser menores en cómputo anual ós establecidos neste convenio como plus de carencia de incentivos.
Os devanditos sistemas de remuneración por rendemento representarán como actividade normal de traballo a de 100 unidades do sistema centesimal ou 60 puntos Bedaux. A actividade óptima estará valorada en 140 unidades centesimais ou 80 puntos Bedaux.
Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.
Consistirán en 3 pagas extraordinarias, dunha mensualidade de salario base máis antigüidade cada unha pagadoiras o 18 de marzo, o 18 de xullo e o 18 de decembro, respectivamente.
Artigo 15º.-Xubilación.
Todo/a traballador/a afectado/a polo presente convenio poderá solicita-la xubilación ós 64 anos de idade, de conformidade co establecido no acordo nacional de emprego, e no Real decreto do 20 de agosto de 1981.
Artigo 16º.-Premio de xubilación.
Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación concederáselle unha indemnización de salario base máis antigüidade en proporción ós seus anos de servicio na empresa de acordo coa seguinte escala:
-5 anos: dúas mensualidades.
-10 anos: tres mensualidades.
-15 anos: catro mensualidades.
-20 anos: cinco mensualidades.
-25 anos: seis mensualidades.
-De 30 en adiante: unha anualidade.
Artigo 17º.-Plus de vixilancia e garda xuramentado.
En concepto de perigosidade establécese un plus para os que exerzan as ditas funcións, consistente no 10% do salario base.
Artigo 18º.-Auxiliares administrativos.
Os auxiliares administrativos ós 6 anos de exerce-las ditas funcións na empresa deberán ascender á categoría de oficiais administrativos.
Artigo 19º.-Seguro de vida e accidentes.
A empresa estará obrigada a manter un seguro para todo o persoal afectado polo presente convenio que cubra as seguintes continxencias e coas seguintes indemnizacións:
-Morte por accidente: 1.500.000 ptas.
-Invalidez permanente total: 1.500.000 ptas.
-Morte por calquera outra causa: 1.000.000 ptas.
Os/as beneficiarios/as deste seguro serán o/a traballador/a asegurado/a ou o cónxuxe viúvo/a e, se é o caso, os dereito habentes do asegurado/a. O prazo para concertar este seguro será de 30 días a partir da publicación no BOP e, en calquera caso, a partir dos tres meses de alta na empresa.
Artigo 20º.-Gratificación por matrimonio.
Tódolos traballadores cunha antigüidade de polo menos tres anos na empresa terán dereito cando casen a unha gratificación dun mes de salario base máis antigüidade.
Artigo 21º.-Incapacidade temporal.
Cando un traballador/a se atope en situación de IT percibirá o 100% do salario a partir da 2ª semana consecutiva en que se atope a devandita situación.
Artigo 22º.-Horas extraordinarias.
Durante a vixencia deste convenio realizanse horas extraordinarias de carácter normal; sen embargo poderán realizarse as horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.
Consideranse horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que se realicen para prevelos, e horas estructurais, as que con carácter extraordinario e esporádico se efectúen no seo da empresa para cubri-la realización dun traballo que non foi posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas na lei.
Enviarase á Delegación Provincial de Traballo informe mensual da realización e motivos destas horas, e será realizado conxuntamente polos delegados e a dirección da empresa.
O incumprimento dos pactos deste artigo, así como todo o referente ó artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo e Decreto lei, do 20 de agosto de 1958, considerarase unha falta grave para efectos do disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.
Artigo 23º.-Desconto en nómina da cota sindical.
A empresa, logo da comunicación escrita ó traballador, procederá ó desconto na folla de salarios, da cota sindical correspondente e ingresaraa na conta bancaria que se fará constar no escrito por petición do traballador e que corresponde á central sindical á cal está aficiliado/a. A dita central sindical deberá cumpri-los requisitos establecidos na Lei orgánica de liberdade sindical.
No escrito de solicitude, deberán constar claramente os datos do traballador/a, a cantidade que se debe descontar, o número de conta na que se debe ingresar e a sinatura de autorización.
Artigo 24º.-Dereitos sindicais.
O comité de empresa ou delegado de persoal deberán ser informados de calquera sanción imposta a un traballador antes de serlle notificada por escrito a este, que deberá estar presente en todo caso, no momento de serlle notificada.
A empresa estará obrigada a entregar ós representantes a copia de cada contrato feito durante a vixencia do presente convenio. En caso de que non o fixese e incumprise algunha cláusula contractual, este pasará a ser indefinido.
Así mesmo, a empresa entregará trimestalmente informe sobre a situación económico-financeira, mercado, vendas, futuro e conta de resultados de anos anteriores, tal e como recolle a Lei 8/1980 e Lei 11/1985, considerándose falta moi grave, o incumprimento das ditas normas e do estipulado no presente artigo.
Artigo 25º.-Compromiso de contratación indefinida.
Todo traballador/a que leve na empresa 12 meses ininterrompidos de contrato pasará a ser indefinido.
Cláusula derradeira
En todo o que non estea previsto no presente convenio aplicarase o disposto na Regulamentación de establecementos balnearios do 3 de xuño de 1959 e na Lei 8/1980, do 10 de marzo.
O presente convenio é asinado pola empresa Agua de Fontenova, S.A. e o representante dos traballadores/as no seo da devandita empresa, pertencente á central sindical: Confederación Intersindical Galega (CIG). Tódalas partes con capacidade legal suficiente segundo o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo do Estatuto dos traballadores.
En Verín o 11 de novembro de 1998.
Táboa salarial de 1998 (anexo I)
Agua de Fontenova, S.A.
(Válida ata o mes de decembro de 1998).
Persoal técnico S. base PCI
Licenciados/as titulados/as super 139.837 Técnicos/as titulados/as 120.582 Peritos e asimilados/as 120.582
Non titulados/as Encargado/a xeral 120.582 Encargado/a de sección 112.879
Persoal administrativo Xefe/a de primeira 116.702 1.540 Xefe/a de 2ª contable-caixeiro/a 83.372 1.540 Oficial de 1ª 83.372 1.151 Oficial de 2ª 83.372 1.025
Persoal técnico S. base PCI
Auxiliar 83.372 715
Persoal mercantil Xefe/a de vendas 120.582 Inspector/a de vendas 83.372 1.151
Persoal obreiro Capataz 83.372 1.151 Operario/a de embotellamento 83.372 715 Aprendiz SMI 715
Oficios varios Oficial de 1ª 83.372 1.151 Conductor/a-repartidor/a 83.372 1.151 Oficial de 2ª 83.372 1.025 Oficial de 3ª 83.372 1.025 Axudante 83.372 715 Conductor/a 83.372 715 Laborante 83.372 715
Persoal subalterno Peón 78.457 715 Almacenista 78.457 715 Ordenanza-cobrador/a 78.457 715 Ordenanza 78.457 715 Vigilante 78.457 715 Porteiro/a e conserxe 78.457 715 Telefonista 78.457 715 Xardiñeiro/a 78.457 715 Limpador/a 78.457 715
Táboa salarial de 1998 (anexo II)
Agua de Fontenova, S.A.
(Válida a partir do mes de decembro de 1998).
Persoal técnico S. base PCI
Licenciados/as titulados/as super 140.384 Técnicos/as titulados/as 121.053 Peritos e asimilados/as 121.053
Non titulados/as Encargado/a xeral 121.053 Encargado/a de sección 113.320
Persoal administrativo Xefe/a de primeira 117.158 1.546 Xefe/a de 2ª contable-caixeiro/a 83.698 1.546 Oficial de 1ª 83.698 1.546 Oficial de 2ª 83.698 1.029 Auxiliar 83.698 718
Persoal mercantil Xefe/a de vendas 121.053 Inspector/a de vendas 83.698 1.155
Persoal obreiro Capataz 83.698 1.155 Operario/a de embotellamento 83.698 718 Aprendiz SMI 718
Oficios varios Oficial de 1ª 83.698 1.155 Conductor/a-repartidor/a 83.698 1.155 Oficial de 2ª 83.698 1.029 Oficial de 3ª 83.698 1.029 Axudante 83.698 718 Conductor/a 83.698 718 Laborante 83.698 718
Persoal subalterno Peón 78.763 718 Almacenista 78.763 718 Ordenanza-cobrador/a 78.763 718
Persoal técnico S. base PCI
Ordenanza 78.763 718 Vixilante 78.763 718 Porteiro/a e conserxe 78.763 718 Telefonista 78.763 718 Xardiñeiro/a 78.763 718 Limpador/a 78.763 718
11481

