Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.443

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de filosofía, do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, a Rafael Víctor Miguel Martínez Castro (praza 1544/1997).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 2 de decembro de 1997 (BOE do 5 de xaneiro de 1998) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de filosofía, do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Rafael Víctor Miguel Martínez Castro, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o apartado 2º do Art. 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo Art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de

reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Rafael Víctor Miguel Martínez Castro, profesor titular de universidade da área de coñecemento de filosofía, do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

11002