Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que, neste xulgado se seguen autos de separación conxugal (5*) co número 152/1994, por instancia de Lourdes Gómez Carballeiro, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra José Piñeiro Montero, en reclamación de importe indeterminado pesetas de principal, máis importe indeterminado de pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, actuacións nas que por resolución do día da data se acordou sacar en poxa pública, por primeira vez o día 21 de xaneiro de 1999, ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, e polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán.
A poxa rexerase polas seguintes regras:
1. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, facilitando o número de espediente ou procedemento seguinte 1590/17/00152/1994, presentando o xustificante de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o que non serán admitidos.
2. Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.
3. Desde a publicación da poxa ata que teña lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego fechado, acreditando ter efectuado o depósito previo do 20% indicado anteriormente.
4. Só o executante poderá facer unha oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.
5. As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se existisen, quedarán subsistentes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate, entendendo que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que delas se deriven.
6. Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa, atópanse de manifesto na secretaría deste
xulgado, para que poidan ser examinados por quen desexe tomar parte na poxa, previndo ós licitadores de que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir outros.
7. No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, trasladarase a que se suspenda para a mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana na que se tivese sinalada a poxa suspendida.
Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda para o 3 de marzo de 1999 ás dez horas da mañá, no mesmo lugar, coa rebaixa do 25% do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.
E para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día 29 de abril de 1999, ás dez horas da mañá, no mesmo lugar que as anteriores, sen suxeición a tipo, debendo os que desexen tomar parte nela face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda poxa, e persistindo as demais circunstancias.
O presente edicto servirá de notificación ó demandado José Piñeiro Montero, no caso de resultar negatia a dilixencia de notificación persoal.
Bens obxecto de poxa.
Piso soto dereito na casa número 70 da rúa do Sar en Santiago de Compostela. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, folio 77, libro 25, tomo 985. Predio número 2.090.
Taxada pericialmente na cantidade de 6.840.000 pesetas (seis millóns oitocentas corenta mil pesetas).
Santiago de Compostela, vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito.
A maxistrada-xuíza
Rubricado
O secretario
Rubricado
19903

