Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 16 de decembro de 1998 Páx. 13.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do plan especial o vertedoiro de Bens, no termo municipal da Coruña.

Examinado o expediente 115A-98/5 relativo ó proxecto de expropiación forzosa para a execución do plan especial do vertedoiro de Bens, promovido polo Concello da Coruña, para os efectos que determina a artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposta do Servicio de Urbanismo e Arquitectura da Coruña con data 9 do novembro de 1998 e a Orde do 19 de agosto de 1997, pola que se delegan atribucións en materia

de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 166, do 29 de agosto de 1997),

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a execución do plan especial do vertedoiro de Bens, no termo municipal da Coruña, polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo), facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notifica-la aprobación definitiva do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un prazo de vinte días, durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndoos de que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

CarpetaParcela nºPropietarioSuperficie mValoración ptas.

545Com. Hrd. José Maceiras Parga12.73024.059.700

133Antonia Orro Sánchez e

Toribio Ferrero Botas

2.5804.876.200

235Juan Pombo Seoane e outros4.5638.624.070

336Herdeiros de Mantiñán13602.570.400

5636José Souto Pazos1.0241.935.360

437Miguel Ángel Santiago González8.21515.952.886

546Carmen Núñez García1.7013.214.890

647Francisco Criado Seoane2.3936.622.770

748Francisco Pedreira Ríos7834.419.620

849Ramón Souto Pazos8881.678.320

950José Souto Pazos2.0703.912.300

1051Reto a la Esperanza

(Rehabilitación Toxicómanos)

2.52367.313.260

CarpetaParcela nºPropietarioSuperficie mValoración ptas.

1152Elena Martínez Blanco8641.632.960

1253Fundación Juana de Vega1.7603.326.400

1354Manuel Pérez Seoane e outros5.79610.954.440

1455Francisco Pedreira Ríos4.9399.334.710

1556Ramón Mantiñán Seoane146275.940

1657Juan Pombo Seoane e outros2.1334.031.370

1758Manuel Pérez Seoane e outros231436.590

1859José Lamas Seoane325614.250

1960Juan Pombo Seoane e outros512967.680

2061Descoñecido18.26334.517.070

2162José Lamas Seoane2.1274.020.030

2263Manuel Pérez Seoane e outros2.2584.267.620

2364Ramón Mantiñán Seoane2.2374.227.930

2465Francisco Maeceiras Rodríguez5.35311.132.573

2566Elena Martínez Blanco1.2272.319.030

2667Manuela Pombo Zas e outros1.0481.980.720

2768José Abelenda García8361.580.040

2869Ramón Mantiñán Seoane2.1604.491.900

2970Juan Pombo Seoane e outros1.0311.948.590

3071Hros. José Souto e Estrella Catoira2.9915.652.990

3172Juan Pombo Seoane e outros478903.420

3273Manuel Pérez Seoane e Hnos.478903.420

3374Ramón Mantiñán Seoane478903.420

3475Manuela Pombo Zas e outros339640.710

3576Hros. Mercedes Parga Rodríguez457863.730

3778Carmen Núñez García320604.800

3879Hros. José Núñez Pardo278525.420

3980Herdeiros de Mantiñán262495.180

4081Ramón Mantiñán Seoane262495.180

4182Juan Pombo Seoane e outros6721.270.080

4283Ramón Mantiñán5661.069.740

5783Manuel Pérez Seoane e outros5661.069.740

4384Ramón Mantiñán Seoane1.4422.725.380

44121Hros. Manuel Aldao5.86511.221.350

45126Descoñecido2.4804.687.200

58126Hros. José Barbeito Eirís1.9503.685.500

59126Hros. Manuel Lesta Fariña1.4522.744.280

60126Hros. Concepción e Ramona Ponte Suárez1.2002.268.000

46127Hros. Francisco Núñez Maceiras2.0353.846.150

47524Juan Pombo Seoane e outros2.4824.690.980

48527José Bocija6.95913.152.510

49529Ramón Mantiñán Seoane10.35620.197.590

50530Agustín García Cancela10.94521.434.595

51532Sara Bande Parga60113.400

52533Isabel Bande Parga286540.540

53535Hros. María Catoira Martínez340642.600

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro de 1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de novembro de 1998.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

10577