Vista a solicitude presentada por Agustín Baamonde Díaz en representación do Concello de Vilalba e a documentación anexa, na que se solicita que se autorice a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción e auga quente sanitaria.
Vista a instrucción técnica complementaria ITE 11 do Regulamento de instalacións térmicas en edificios (R.I.T.E.) aprobadas por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto) pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga qunte sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención destes.
Considerando que se cumpriron os requsitios regulamentarios establecidos.
A Dirección Xeral de Industria
RESOLVE:
Autorizarlle ó Concello de Vilalba a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teó
rico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción e auga quente sanitaria, no ámbito da provincia de Lugo.
A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE 11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo de 1998.
Para imparti-los cursos, deberáselle comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente ó programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.
Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
11130

